Concerto de Nadal en Barreiros. Será o 29 de decembro pola tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

A Coral Polifónica de Barreiros organiza o Concerto de Nadal que se celebrará este domingo, 29 de decembro. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 18:00 horas.

Actuarán a Coral Eo de Vegadeo, a Coral Lunch de Lugo e a Coral Polifónica de Barreiros.

O Concello de Barreiros colabora coa organización deste concerto.