En Mondoñedo celébrase a II Carreira Findano o 31 de decembro. A inscrición remata o día 27.

A asociación xuvenil Xoldra, coa colaboración do Concello de Mondoñedo, organiza a segunda edición da carreira Findano, que se celebrará o día 31 de decembro, venres, con saída da Praza do Concello ás 16:30 horas e nunha distancia de 4 quilómetros polas rúas do casco urbano mindoniense.

O prazo para inscribirse está aberto ata o 27 de decembro única e exclusivamente en galitiming.com. O prezo é de 7 euros e os beneficios irán destinados á Asociación Contra o Cancro.

A retirada de dorsais realizarase na Praza do Concello o mesmo día da carreira a partir das 15:30 horas, cunha zona acoutada para entrar e outra para saír. Tódolos participantes terán asignado un dorsal, que irá situado no peito e terá que ser visible durante a proba.