En Mondoñedo foi presentado o cartel do XXVII Mercado Medieval, que se celebrará do 10 ao 12 de agosto.

A alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, participou, xunto cos voluntarios e artesáns, na presentación do cartel do XXVII Mercado Medieval, que se celebrará na localidade os días 10, 11 e 12 de agosto.

Como cada ano o casco histórico encherase de postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.

Nos vindeiros días darase a coñecer a programación completa deste Mercado Medieval que organiza o Concello de Mondoñedo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e de Abanca.

Un avance
Este ano volverá haber degustación gratuíta de torresmos e viño e reforzaranse as actuacións musicais e medievais. A rexedora agradece de xeito especial a implicación da Escola de Música que integrará no programa un espectáculo teatralizado.