Mondoñedo acolle a IV Carreira Solidaria Findano este domingo, 31 de decembro

A asociación xuvenil Xoldra, de Mondoñedo, organiza a cuarta edición da Carreira Solidaria Findano, que se celebrará este domingo, 31 de decembro, ás 16:30 horas con saída desde a Praza do Concello mindoniense, onde se recollerán os dorsais a partir das 15:30 horas.

As inscricións para participar, que custan 7 euros, deben facerse a través da web galitiming.com e o prazo remata o 29 de decembro.

A organización explica que “como de costume, haberá premios e a totalidade dos beneficios serán doados á Fundación Eu Son”.

Para máis informacións as persoas interesadas poden contactar co teléfono 680.78.34.35.