Mondoñedo acollerá un contacontos a cargo de Trémola Teatro o 23 de marzo

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Mondoñedo anuncia que os premios dos concursos de debuxo e relato curto Mondoñedo en Igualdade serán entregados nun acto que se celebrará o 23 de marzo, sábado, no Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Ás 17:00 será a entrega dos premios e media hora despois Trécola Teatro ofrecerá o contactontos  “E ti, que queres ser de maior?”.