O auditorio de Burela acollerá a presentación da novela "Morir dos veces", de Alejandro Seral, o 13 de setembro.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias (AFAN), de Burela, abre a súa axenda de actividades do mes do Alzheimer coa presentación en Burela da novela ‘Morir dos veces’, de Alejandro Seral. Será este mércores, 13 de setembro, ás 17:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Burela.

AFAN Burela explica que é “un libro emotivo cun enfoque valente e esperanzador sobre como o autor afrontou o Alzhéimer do seu pai. O acto constará de 2 partes: proxección e comentario dunha reportaxe feita ao autor no Programa ‘Crónica’ de TVE; e presentación da novela con rolda de preguntas”.

Organizan AFAN Burela e Alejandro Seral, coa colaboración das Concellarías de Servizos Sociais e de Cultura do Concello de Burela.