O Calendario 2019 do Concello de Xove recolle imaxes de distintos vehiculos clásicos, tanto coches como motos.

O alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Cultura, Dolores Meití,  e varios directivos da Asociación Autoclásicos de A Mariña realizaron a presentación do Calendario 2019. 

O calendario está composto por fotos de todo o concello. En cada imaxe de cada un dos meses móstranse distintos vehículos clásicos (coches e motos)  pertencentes a distintos membros da asociación.

A realización deste calendario contou coa participación da Asociación de Autoclásicos da Mariña,  a quenes  dende o Concello de Xove lles  agradecen a súa  colaboración.