O Concello de Alfoz organiza o XIX Concurso de Postais de Nadal. Os traballos poden presentarse ata o 10 de decembro.

Un ano máis a Concellería de Cultura de Alfoz organiza o concurso de postais de Nadal. Dirixido a todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz que se dividirá en 3 categorías: Ed. Infantil, 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria e 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. 

BASES:
1.- Poderán participar tod@s @s rapaces/as que estean matriculad@s no CEIP Castro de Ouro de Alfoz.
2.- Establécense tres categorías que se corresponden cos agrupamentos existentes a día de hoxe:
• Infantil
• 1º grupo de Primaria (1º, 2º e 3º curso)
• 2º grupo de Primaria (4º, 5º e 6º curso )
3.- As postais estarán relacionadas con motivos do Nadal. Quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social (racista, sexista, xenófobo, etc ) ou sexan ilegais.
4.- Non se aceptarán postais que teñan algún tipo de identificación do autor/a.
5.- A participación deberá ser individual, de maneira que non se aceptarán postais de grupo ou colectivas.
6.- Cada participante só poderá presentar unha obra orixinal e inédita.
7.- A técnica a empregar será libre, sempre e cando non leve elementos que sobresaian.
8.- As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A5 (a metade dun folio)
9.- Haberá un premio por cada categoría e ademais as tres postais gañadoras serán reproducidas como felicitación oficial do Concello de Alfoz para o Nadal 2021.
10.- O Xurado poderá deixar deserto calquera dos premios se así o considera oportuno.
11.- Cada traballo deberá ir acompañado da ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
12.- O prazo de presentación das postais rematará o 10 de decembro de 2021, debendo ser entregadas na Biblioteca Pública Municipal de Alfoz (de luns a venres de 15:00h a 20:00h. Tlf: 982 57 12 41).
13.- O fallo do xurado darase a coñecer nos días posteriores.
14.- Os traballos presentados serán propiedade exclusiva do Concello, podendo ser reproducidos e facer deles o uso publicitario que estime conveniente, coa mención do seu autor/a.
15.- A participación no concurso implica a aceptación destas bases.