O Concello de Cervo convoca un Certame de Narración e Debuxo Infantil con motivo do Día das Letras Galegas. O prazo de presentación de traballos remata o 4 de maio.

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, convoca un certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas.

O alumnado dos dous colexios do municipio recibiu un marcapáxinas que contén as bases do concurso.

O certame está aberto a todos os nenos e nenas, que deberán presentar unha narración en galego ou un debuxo baixo as temática “como cambiou o conto” ou “como darlle a volta ao conto tradicional”; por exemplo o lobo vexetariano, a caperuchiña feroz, unha bela que nunca dorme…

O prazo de presentación dos traballos, que deberán ser presentados na biblioteca de Cervo ou na de San Ciprián, rematará o vindeiro 4 de maio.  O fallo do xurado local farase público o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Os traballos premiados nesta primeira fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, baixo o patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.