Os días 12 e 13 de maio celébrase unha nova edición da Festa das Flores en Xove.

Todo está listo en Xove para a celebración da Festa das Flores neste mes, os días 12 e 13 de maio. 

O programa dará comezo o venres coa intervención de Marica Campo: “Cando a vida estal en flores”, seguida dunha interpretación musical e poética de Eduardo R. Basanta e VictorRolle, a partir das 20:30 horas. Ás 22:30 haberá actuacións de Joni Ramos e Ménage á Troix.

En Chao da Aldea o sábado ás 11:00 da mañá se fará a inauguración da festa, xunto co a exposción fotográfica e xogos populares, amenizado por un pasarrúas do Grupo de Gaitas Saiñas de Xove. Ás 12:30 horas terán lugar as ofrendas tradicionais á Virxe María, seguidas de misa, cantada por Louvanzas Novas, á unha do mediodía e de procesión. Para as 14:30 horas está prevista a sesión vermú, que amenizará a Banda de Música o Landro de Viveiro. A xornada de festa continuará co xantar popular ás 15:00 horas, coaGymkana ás 17:30 horas e con a foliada “Quen non baila, anima”a partir das 19:30 horas. Xa pola noite a partir das dez e media actuacións musicais de Dúo Eclipse, Ricardo Parada eKarras Martínez.

Como actividades paralelas explican desde a directiva da asociación “teremos os xogos populares no atrio da igrexa: bolos celtas, cordas, tres en raia, aros, buxainas e sacos, e a exposición fotográfica doutras edicións da Festa das Flores”. 

Desde a directiva da Asociación de Comerciantes de Xove subliñan que “este año teñen que dar as gracias a todas as empresas de Xove que quixeron colaborar económicamente no evento, ademáis do Concello de Xove, xa que sin eles non sería posible a mesma”. E engaden que “todas as persoas que o desexen poden atopar información detallada na nosa páxina de facebook AciamXove”.