A Pontenova acolle unha ruta de sendeirismo con magosto o 5 de novembro. Inscrición aberta o 3.

O sábado 5 novembro organízase en A Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto.

Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos  Fornos, de onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.

O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 3 de novembro.