A Pontenova celebra o San Xoán con fogueira e festa no Forno de Boulloso o 23 de xuño.

A Pontenova celebrará o San Xoán con fogueira e festa no Forno de Boulloso este venres, 23 de xuño.

As actividades empezarán de 19:00 a 21:00 horas cunha xornada de portas abertas para @s máis pequen@s no bosque infantil do Boulloso. Ás 21:30 horas haberá un concurso de tortillas e entre todas as que se presenten un xurado popular elixirá as dúas mellores, que serán premiadas cunha cea para dúas persoas, no Lar de Balbina e no San Briz. E ás 22:00 horas degustaranse as tortillas presentadas ao concurso ademais de chourizos á grella, torrezos e pan.

Haberá servizo de bar e música e actuación musical a cargo de A Chocolateira.

Este evento está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas e polo Concello da Pontenova.