A Pontenova celebra unha festa de aninovo organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas

O local das Asociacións da Pontenova acollerá unha festa de aninovo para dar a benvida ao 2024. Está organizada polo colectivo Centro de Iniciativas Turísticas coa colaboración do Concello da Pontenova.

Empezará á unha da madrugada do día 1 de xaneiro e haberá música a cargo de DJ Bombardero.