San Román, en Cervo, celebra un magosto este sábado, 21 de outubro

O pavillón de San Román, no municipio de Cervo, acollerá un magosto este sábado, 21 de outubro, a partir das 18:00 horas. Haberá actuación dos Acordeonistas da Mariña e degustación gratuíta de castañas.
 
Está organizado pola Comunidade de Montes de San Román, que conta coa colaboración do Concello de Cervo.