A XX Festa do Polbo celebrarase en Xove o 28 de marzo a partir das sete da tarde

Todo está listo en Xove para a celebración da XX Festa do Polbo, que organizan os hostaleiros coa colaboración e co patrocinio do Concello xovense. 

A cita dará comezo a partir das sete da tarde. Participan os seguintes locais hostaleiros: Bar Pepe, Cafetería A Roda, Pulpería Bar Cociña, A Fuga, O Refugio, Onde Sempre e La Cívica. O prezo da ración será de 15 euros. 

Haberá animación polos locais participantes a cargo da Batukada da Charanga A Choca, de Ribadeo.