O IX Torneo SD Ribadeo de Fútbol Infantil reunirá na localidade a 16 equipos os días 4 e 5 de xuño.

O IX Torneo SD Ribadeo de Fútbol Infantil reunirá na localidade a 16 equipos os días 4 e 5 de xuño.
 
Dezaseis equipos disputarán os días 4 e 5 de xuño o IX Torneo SD Ribadeo de fútbol infantil. O evento foi presentado nas últimas horas na Casa do Concello. 
 
Francisco Muiña, directivo da SD Ribadeo, contou que “presentamos los torneos de verano, que hacemos todos los años. El 4 y 5 de junio tendremos el infantil, que ya está cerrado, y en el que participan 16 equipos. Después los días 11 y 12  de junio se disputará el benjamín y prebenjamín con otros 16 equipos de Galicia, Asturias y Cantabria. Y ya los días 18 y 19 de junio será el torneo alevín en el que se darán cita 20 equipos procedentes de Galicia, Portugal, Asturias, Cantabria y Extremadura. Y luego habrá otro pequeño torneo entre equipos gallegos y asturianos con 4 ó 6 participantes, que estamos cerrando todavía”. 
 
No primeiro dos torneos da SD Ribadeo, no que se disputará a vindeira fin de semana, os días 4 e 5 de xuño, participarán 16 equipos que son: SD Ribadeo, Barres CF, Celta de Vigo, FC Marinhas, Rácing Club de Ferrol, Victoria CF, Escalinata, Galicia Caranza, CD Amistad Sniace, Oza Juvenil A, Oza Juvenil B, CD Castro, Mies de Vega, CD Lugo SAD, Veguellina CF e Real Avilés Industrial. Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera, en Ribadeo, e no campo Trénor, en Barres. 
Segundo a organización son 350 rapaces os que se darán cita no IX Torneo SD Ribadeo de fútbol infantil, “entre xogadores e adestradores, pero en moitos casos virán acompañados das súas familias, polo que calculamos que preto de mil persoas se acheguen a Ribadeo nesta primeira fin de semana do mes de xuño”.