O recinto feiral de Lourenzá acollerá o 2 de abril (Xoves Santo) a segunda festa dedicada ás fabas con callos. Está organizada pola Comisión de Festas de Santa Cruz 2015.

O recinto feiral de Lourenzá acollerá o 2 de abril (Xoves Santo) a segunda festa dedicada ás fabas con callos. Está organizada pola Comisión de Festas de Santa Cruz 2015.
 
O recinto feiral de Lourenzá acollerá a segunda festa gastronómica dedicada ás fabas de Lourenzá con callos o día 2 de Abril, Xoves Santo, a partir das 21:30 horas. Este evento está organizado pola comisión de festas de Santa Cruz 2015 e foi presentado na Casa do Concello pola alcaldesa, Emma Álvarez Chao; o concelleiro de Deportes e Xuventude, Pablo Maseda; José Cuadrado, Sandra Gómez, Manuel Cajoto e Ramón Iglesias, como integrantes do colectivo organizador.
A rexedora municipal explicou que “o Concello considera importante colaborar un ano máis con esta festa posto que  axuda a recuperar tradicións, un prato típico do noso concello ao mesmo tempo que se traballa na diferenciación para a nosa faba de Lourenzá. Esperemos que se sumen establecementos da vila e que nun futuro inclúan dentro dos seus menús esta modalidade de comer as fabas, unha forma diferente, para que a xente que veña a Lourenzá a comer fabas poida probar distintas formas de cociñalas e, a poder ser, que unha delas sexa este prato que foi típico do noso concello en anos pasados, como son as fabas con callos”.
Emma Álvarez engadiu que “o prezo desta degustación será de 15 euros por persoa se se compra o tícket de xeito anticipado nos distintos locais comerciais da vila ou incluso reservándoos nos teléfonos 636.67.95.12 (Pepe) ou 669 398 809 (Ramón); 629 096 711(Sandra); 689 222 158 (Manolo), ata o domingo 29 de Marzo; e senón tamén se poderá comprar en taquilla por 18 euros. Neste prezo inclúese unha ración de entrantes, unha ración fabas de Lourenzá con callos, outra de costela asada con guarnición, postre, pan e bebida. Ao final haberá un gran queimada co seu correspondente conxuro e tamén teremos unha discoteca móbil, Cocoloko, que pode dar algunha sorpresa aos que asistan a este evento. Ademais, coincidindo co torneo Lourenzá en Xogo de baloncesto feminino as xogadoras estarán presentes nesta segunda festa das fabas de Lourenzá con callos. Consideramos importante dende o Concello e dende as escolas deportivas que estas rapazas que veñen a Lourenzá proben as nosas fabas e que sirvan como embaixadoras deste produto fóra de Galicia. Ademais, nesta festa haberá unha zona habilitada para que os nenos máis pequenos poidan xogar e divertirse e os seus pais poidan disfrutar deste día de festa en Lourenzá”.
A alcaldesa rematou comentando que “dende o Concello sumámonos ao desexo que ten a organización e animamos a todo o mundo a que participe neste evento, posto que consideramos que pode marcar tendencia. Agardamos que os establecementos da vila tomen nota e teñan un prato diferente nos seus menús para aquelas persoas que veñan de fóra a comer fabas a Lourenzá”.