Ribadeo

Etiquetas:
10/08/2024

Remourelle, localidade da parroquia ribadense de Arante, honrará a Santa María Magdalena os días 17 e 18 de agosto nun evento que inclúe a décimo sétima edición da Festa da Carne ao Caldeiro.

As actividades comezarán o sábado 17 de agosto ás 14:00 horas coa actuación do dúo Belinda. E a partir das 14:30 horas terá lugar o xantar da carne ao caldeiro. Ademais desde ás 18:30 horas haberá música co dúo Belinda e ás 20:00 horas actuará Mercedes Ben Salah.

O domingo 18 celebrarase misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Lecer, que tamén actuará na verbena. E as 12 da noite haberá queimada co Gran Druída.

Etiquetas:
10/08/2024

A Praza José María López será escenario este domingo, 11 de agosto, ás 20.30 horas, do concerto de Durden , que se enmarca dentro do Vendaval Fest. O evento está organizado pola asociación Catro Caños, que conta coa colaboración, entre outros, do Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e Acisa. 

Etiquetas:
10/08/2024

A vila ribadense celebrará a festa do seu patrón, San Roque, o día 16 de agosto, venres.

As actividades comezarán ás 11:00 horas coa saída dos Cocos e cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Illa Pancha. Ás doce do mediodía celebrarase misa solemne e a continuación haberá procesión seguida de concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. A partir das 14:00 horas terá lugar sesión vermú co dúo Venus, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fénix e de rematar a festa encargarase o DJ Litainer.

Etiquetas:
09/08/2024
CARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 15 DE AGOSTO
 
VIERNES 9, SABADO 10 Y DOMINGO 11
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “CUERPO ESCOMBRO”
SALA 2 18:00 “DEL REVES 2”
SALA 2 20:30 “PADRE NO HAY MAS QUE UNO 4”
SALA 2 23:00 “DEADPOOL Y LOBEZNO”
 
LUNES 12
SALA 1 20:30 – 23:00 “CUERPO ESCOMBRO”
SALA 2 20:30 “PADRE NO HAY MAS QUE UNO 4”
SALA 2 23:00 “DEADPOOL Y LOBEZNO”
 
MARTES 13 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “CUERPO ESCOMBRO”
... leer más
Etiquetas:
08/08/2024

O 9 de agosto o XI Festival Bal y Gay recalará en Ribadeo co concerto que ofrecerán Sergey Khachatryan ao violín e Lusine Khachatryan ao piano. A actuación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval. 

O domingo, 11 de agosto, ás doce da mañá no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo terá lugar a presentación do disco Beethoven, The Last Sonatas, de Leopoldo Erice. 

A xornada do domingo concluirá con outro concerto do Festival Bal y Gay. Será o que ofrecerán no auditorio municipal Nereydas, baixo a dirección de Javier Ulises Illán.

 

Etiquetas:
07/08/2024

Desde o Ribadeo FC sinalan: “cheos de ledicia presentamos a 1ª Edición do Trofeo Vermut Arnao, patrocinado por Castillo San Damián - Discosta norte S.L., unha cita que sen dúbida chega para quedarse”.

O Trofeo disputarase o vindeiro domingo, 11 de agosto, ás 19 horas no Campo Municipal Pepe Barrera, onde se enfrontarán o Ribadeo FC e o Navia CF. 

A entrada será de balde. 

Esta será a primeira oportunidade para ver as novas caras do Ribadeo FC para esta tempada.

Etiquetas:
06/08/2024

Volve a música ao auditorio ao aire libre de Cabanela, en Ribadeo, os mércores de agosto a partir das 20:30 horas. 

Rock Be Me, música in live gratis nas tardes do verán.

O 7 de agosto actúa Giro Total; o día 14 Los Alcántara; o 21 de agosto será a quenda para escoitar a La Indirigible e o 28 terá lugar a actuación de Sintrom ni Son.

Este ciclo de concertos está organizado polo Concello de Ribadeo e pola Xunta de Galicia. 

 

Etiquetas:
02/08/2024
CARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 8 DE AGOSTO 
 
VIERNES 2, SABADO 3 Y DOMINGO 4
SALA 1 18:00 “GRU 4 MI VILLANO FAVORITO”
SALA 1 20:15 – 23:00 “DEADPOOL Y LOBEZNO”
SALA 2 18:00 “DEL REVES 2”
SALA 2 20:30 – 23:00 “PADRE NO HAY MAS QUE UNO 4”
 
LUNES 5
SALA 1 20:15 – 23:00 “DEADPOOL Y LOBEZNO”
SALA 2 20:30 “GRU 4 MI VILLANO FAVORITO”
SALA 2 23:00 “PADRE NO HAY MAS QUE UNO 4”
 
MARTES 6 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 18:00 “GRU 4 MI VILLANO FAVORITO”...
leer más
Etiquetas:
01/08/2024

Do 12 ao 16 e do 19 ao 23 de agosto todos os nenos e nenas nacidos a partir de 2014 teñen unha cita no Club de Remo de Ribadeo.

Este curso de iniciación ao remo impartirase das 10:30 ás 12:30 horas e, para poder participar, os pequenos e pequenas deberán saber nadar e ser de Ribadeo ou arredores. O seu prezo é de 30 euros.

Para calquera dúbida ou reserva, está dispoñible o número de teléfono 660 82 86 28.

 

Etiquetas:
31/07/2024

Todo está listo para a celebración da Xira de Santa Cruz o vindeiro domingo, 4 de agosto. Esta festa de interese turístico de Galicia foi presentada esta mañá a carón do monumento ao Gaiteiro. O Concello porá en marcha, por segundo ano, o Xirabús para facilitar a subida de xeito seguro e sostible. 

A presidenta da asociación Amigos da Gaita Galega, Noelia García, declarou: “xa chega a Xira e dende a directiva de Amigos da Gaita animámosvos a todos a subir e pasar unha boa xornada con nós: comendo, bailando e disfrutando”.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, tivo palabras de agradecemento para Amigos da Gaita: “agradecerlle á asociación Amigos da Gaita, á que ademais téñolle un cariño especial posto que pertencín á directiva durante moitos anos. Así que un ano máis chega a Xira e hai que animar a esta xentiña...

leer más