Fútbol

Etiquetas:
09/07/2026

A 75ª edición do trofeo de fútbol Emma Cuervo disputarase en Ribadeo o día 13 de agosto, xoves, ás 19:00 horas e enfrontará ao Real Avilés co Racing Club de Ferrol.

O Ribadeo FC anunciou tamén que o VI Emma Cuervo Feminino xogarano o Real Club Deportivo da Coruña  e o Real Sporting de Gijón o venres 7 de agosto ás 19:00 horas.

Ademais o III Trofeo Feiraco celebrarase ao día seguinte, o sábado 8 de agosto, ás 18:30 horas entre o CD Lugo e o Real Oviedo Vetusta.

Estes tres encontros disputaranse no Campo de Fútbol Municipal Pepe Barrera.

Etiquetas:
06/07/2026

O Vicedo acollerá os días 18 e 19 de xullo o torneo de fútbol Folgueiro League 26, que foi presentado na Casa da Cultura do Vicedo. Este evento deportivo está organizado polo club UD Folgueiro, que anuncia: “no acto estiveron presentes Domingo González, presidente da UD Folgueiro; Jesús Novo, alcalde do Concello do Vicedo; e Javi Martínez, xogador e directivo da UD Folgueiro, que destacaron o traballo e a ilusión coa que se está preparando unha nova edición deste torneo, que xa é unha referencia do fútbol afeccionado na comarca”.

A UD Folgueiro explica que “a competición contará con torneo masculino e feminino (este último celebrarase sempre que haxa un mínimo de equipos inscritos), ademais dun gran ambiente durante toda a fin de semana con DJ, zona de comida e moitas sorpresas, para que xogadores e afeccionados gocen dunha auténtica festa...

leer más
Etiquetas:
10/06/2026

Esta fin de semana, sábado 13 e domingo 14 de xuño, disputarase o XXI Torneo de Fútbol Base Alevín, que organiza a SD Ribadeo. Anuncia que “no evento participarán 57 equipos procedentes na súa maioría de Asturias e de Galicia e tamén de Cantabria e Castela-León. Arredor de 950 xogadores e adestradores se darán cita no torneo, que encherá de novo a vila de deporte e de familiares, que arrouparán aos seus rapaces e gozarán de Ribadeo, da súa paisaxe e da súa gastronomía. O torneo desenvolveranse no estadio municipal Pepe Barrera, no Ceip Gregorio Sanz e no Campo da Vía”.

Na presentación do XXI Torneo de Fútbol Base Alevín da SD Ribadeo participaron o alcalde ribadense, Dani Vega; o técnico municipal de Deportes, Iván López; a secretaria da SD Ribadeo, Mª José Tella; o coordenador de Fútbol 8 da SD Ribadeo, Aitor García; o deputado provincial...

leer más
Etiquetas:
02/06/2026

A décima edición do torneo de fútbol Marosa Cup disputarase os día 20 e 21 de xuño.

O Concello de Burela anuncia que “xa está aquí a X edición da Marosa Cup  2026. Un ano máis, o fútbol será protagonista nunha fin de semana chea de deporte, compañeirismo e ilusión no que participarán arredor de 40 equipos”.

O sábado 20 de xuño disputáranse os partidos de Fútbol 8, nas categorías de biberón, prebenxamín, benxamín e alevín. E o domingo 21 serán os de Fútbol 11 en categorías infantil e cadete.

O Concello de Burela explica que “os partidos de F8 xogaranse en campo natural e campo artificial. En F11 tamén se xogará nos campos da Candelaria e San Ciprián”.

Etiquetas:
21/05/2026

Oitenta e oito equipos de 8 países daranse cita os días 23 e 24 de maio no XX Torneo Internacional Vila de Ribadeo de Fútbol Veteranos.

Son 66 equipos con xogadores de máis de 35 anos e 22 equipos con máis de 45 anos. Seis clubs proceden de Portugal (un deles das illas Azores), 2 son franceses (un deles de Mayote, illa situada no Índico), tamén estarán en Ribadeo equipos chegados de Polonia, Irlanda, Arxentina, Brasil e México, así como de 21 provincias españolas.

O torneo, que mobiliza a preto de dúas mil persoas, disputarase en once campos de fútbol de Galicia e Asturias: en Ribadeo, San Miguel, San Cosme, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Vegadeo, Tapia, Coaña, Navia e Luarca.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “por parte do Concello apoiamos en todo o que podemos...

leer más
Etiquetas:
20/02/2026

O Real Sporting de Gijón presentou en Foz as Xornadas de Tecnificación, un campus intensivo de fútbol que se levará a cabo os días 30, 31 de marzo e 1 de abril no Campo de Fútbol de Malates de 10 a 14 horas.

As xornadas contan coa colaboración do Concello de Foz, do Club Deportivo Foz e da Asociación Deportiva Santiago de Foz e xa están abertas as inscricións en thefootballdream.com

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández Neira, destacaron “o compromiso do Club Deportivo Foz e da AD Santiago de Foz co deporte de base e agradeceron a iniciativa do Sporting de Gijón, que achega unha formación técnica e especializada a todas as nenas e nenos que se queiran apuntar nunhas xornadas intensivas de práctica de fútbol”.

Etiquetas:
09/10/2025

Este sábado, día 11 de outubro, ás 16:30 horas no Campo Municipal Boavista, de Folgueiro (O Vicedo) celebrarase un torneo triangular de fútbol en memoria de Kubala, ex xogador do Folgueiro recentemente falecido. Os equipos veteranos participantes serán: Folgueiro, Landrove e O Vicedo.

A Unión Deportiva Folgueiro explica que “este encontro pretende ser un acto de recoñecemento e gratitude pola súa entrega ao club e polo legado humano que deixou entre compañeiros, amigos e afección. Será unha xornada de lembranza e respecto, na que todo o mundo está convidado a participar para renderlle a merecida homenaxe. A súa memoria permanecerá sempre entre nós!”.

12/09/2025

Los clubs de fútbol Mondoñedo FC y La Caridad CF disputarán el X Memorial Ramón Espantoso este domingo, día 14 de septiembre, en el campo mindoniense Viñas da Veiga. Será a las 18:30 horas.

Con este torneo se homenajea a Ramón Espantoso, un vecino de Mondoñedo que destacó por su labor en el fútbol de base mindoniense y falleció en el año 2005.

27/08/2025

O club de fútbol SD Burela presenta o primeiro equipo para esta tempada 2025-26 cun partido fronte ao Ribadeo FC e pancetada. Será este venres ás 20:00 horas no campo da Marosa, con entrada gratuíta.

Ademais haberá pancetada, a partir das 20:45 horas, a 5 euros cada ración e sortearase un xamón e un abono da SD Burela para esta tempada.

Etiquetas:
20/08/2025

A quinta edición do Torneo Emma Cuervo Feminino de fútbol disputarano o Real Club Deportivo, da Coruña, co C.A. Osasuna, de Pamplona. Terá lugar este sábado, día 23 de agosto, ás 12:00 horas no Campo Municipal Pepe Barrera (Ribadeo).

Está organizado polo Ribadeo FC, que anuncia: “os prezos das entradas serán de 10 euros para maiores de 15 anos e de 5 euros para nenos/as entre 8 e 15 anos, mentres que os menores de 8 anos teñen acceso gratuíto. As entradas poden adquirirse nas taquillas do Campo Municipal Pepe Barrera o mesmo dia do partido”.