Cancro
Preto de corenta negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran durante estes días coa recollida anual de donativos da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o vindeiro 19 de outubro.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Jesús Pérez, explicou que “un ano máis Acisa Ribadeo colabora coa Asociación Española de Loita Contra o Cancro nesta importante iniciativa solidaria. Durante esta semana de outubro, preto de corenta negocios asociados contan con huchas para a recollida de donativos destinados a este colectivo. Esta campaña desenvólvese coincidindo coa celebración do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama, unha xornada na que se pon de manifesto a importancia da investigación,...
leer másO Concello de Cervo organiza para o luns 19 de outubro unha andaina popular polo Día Mundial Contra o Cancro de Mama. A saída será ás 17:30 horas desde o peirao de San Ciprián.
Ademais os edificios municipais iluminaranse de cor rosa “para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade”, explica o Concello de Cervo.
A Casa da Cultura de Foz acollerá unha charla sobre o cancro colorrectal este xoves, día 26 de marzo, ás 19:00 horas. Para asistir non é necesaria inscrición.
Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, que anuncia que na charla falarase “da importancia dos cribados, tratamentos e supervivencia”. Será impartida por Borja González Gómez (oncólogo da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos) e María Eugenia Rodríguez Barreiro (xefa de enfermería de cirurxía da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
“Desde a Asociación Española Contra o Cancro traballamos para impulsar a investigación en cancro de colon, e para garantir o dereito de todos a coidarnos colaborando na detección precoz do cancro. Actividade subvencionada pola Xunta de Galicia e X Solidaria”, rematan os...
leer másTodo está listo para a celebración da I Andaina Ribadeo en Marcha Contra o Cancro. Esta actividade lúdico deportiva, que está organizada pola AECC, terá lugar o vindeiro sábado, 17 de maio. Acisa, patrocinador do evento, convida e anima a ribadenses e visitantes a anotarse e participar.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, fai unha chamada á solidariedade con esta causa: “xa que calquera de nós pode ter que botar man dos servizos que presta a AECC, calquera de nos ten amigos, coñecidos ou familiares que padecen cancro ou calquera de nós pode ser afectado”.
Cruzado Iglesias agradeceu “á AECC de Ribadeo e de Lugo a posibilidade de poder colaborar con esta xusta causa. Estamos moi contentos de poder facelo, xa que esta actividade axústase aos fins sociais da nosa asociación. Agardamos que sexa o inicio dun longo...
leer másAcisa patrocina a I Andaina Ribadeo en Marcha contra o Cancro, que terá lugar o vindeiro 17 de maio. Esta actividade lúdico deportiva, que está organizada pola AECC, foi presentada hoxe na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco.
No acto interviñeron o presidente da asociación provincial, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.
Cruzado Iglesias agradeceu “á AECC de Ribadeo e de Lugo a posibilidade de poder colaborar con esta causa, estamos moi contentos de poder facelo, xa que esta actividade axústase aos fins sociais da nosa asociación”. E animou ás veciñas e aos veciños de Ribadeo “a facer un oco nas súas axendas o vindeiro 17 de maio para participar nesta andaina, que partirá do Parque de San Francisco ás 11:00 da mañá”. A presidenta de Acisa fixo unha...
leer másEn Burela farán un lazo humano solidario contra o cancro de mama este venres, día 18 de outubro, ás 11:30 horas na Praza do Concello.
O Concello de Burela colabora coa Asociación Española contra o Cancro en Lugo na organización desta acción para promover a investigación na enfermidade.
O lema desta iniciativa é O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación.
Máis de trinta negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran nesta semana coa recollida anual de donativos da AECC con motivo do día internacional da loita contra o cancro de mama.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, dixo que “un ano máis Acisa Ribadeo colaborará coa Asociación Española de Loita contra o Cancro. Nesta semana de outubro mais de trinta negocios asociados contarán con huchas para a recollida de donativos destinados a este colectivo. Esta campaña desenvólvese coincidindo coa celebración día internacional da loita contra o cancro de mama, que ten lugar o 19 de outubro, xornada na que as asociacións fan fincapé na importancia da investigación, da ciencia, da prevención e da saúde”.
Cruzado Iglesias indicou que “se precisan recursos...
leer másO auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá un festival contra o cancro este venres, 31 de maio, ás 20:00 horas.
Está organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer e participarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a asociación ribadense Amigos da Gaita e Maktub. Será presentado por Susana Álvarez (Susi).
A primeira andaina “Burela en marcha contra o cancro” celebrarase o domingo 4 de febreiro a partir das 11:00 horas, dende a Praza da Mariña ata a praia da Marosa, ida e volta. Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo coa colaboración do Concello de Burela.
A inscrición con camiseta ten un custe de 10 euros e pode facerse a través do link https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/marcha-burela ou de forma presencial: de luns a venres de 9:00 a 11:00 horas na sede da asociación organizadora en Burela, que está en Praza da Mariña, 13, 2º planta, local 32.
“Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas. Para calquera dúbida ou aclaración podes chamar ao teléfono 658.872.196...
leer másA cita será o próximo xoves, 19 de outubro, ás 17:30 horas, e o punto de encontro será o Peirao de San Ciprián.
Os diferentes edificios municipais tamén se iluminarán de cor rosa, para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.












