Síndrome de Tourette
A Casa da Cultura de Burela acollerá o sábado 3 de outubro ás 20:00 horas unha xornada aberta ao público que unirá divulgación, música, audiovisual e arte para achegar á sociedade a realidade da síndrome de Tourette.
O Concello de Burela anuncia que “é unha iniciativa que nace co obxectivo de dar visibilidade a unha condición neurolóxica aínda moi descoñecida e, en moitas ocasións, rodeada de estereotipos. Trátase dun encontro para coñecer, comprender e visibilizar a síndrome dende outra mirada. A xornada contará coa participación de Roxana Apollonio Cabrera, neuropsicóloga especializada na síndrome de Tourette, colaboradora de Tourette Galicia, ACOVASTTA, e vicepresidenta de TTAG (Asociación Internacional), que realizará unha presentación para achegar ao público un maior coñecemento e comprensión desta condición. Durante o evento terá...
leer másEste sábado, día 11 de abril, a Casa da Cultura de Burela acollerá a I Gala Solidaria a favor da Síndrome de Tourette.
O Concello de Burela anuncia: “baixo o lema Xuntos visualizamos o Tourette, gozaremos dunha noite de música, sorteos e sorpresas para todas as idades organizada pola Asociación Tourette Galicia en colaboración co Concello de Burela, ACIA Burela e ABSA. Non se realizará venda física de entradas, que só poden adquirirse online a través da seguinte ligazón:...
leer más




