Andaina
A asociación Carro Tarabelo anuncia que este domingo, día 25 de outubro, “esperamos por ti na Praza dos Fornos para gozar dunha boa andaina e, ao rematar, o clásico xantar con empanada e castañas asadas”.
As actividades comezarán as 10:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, onde será tamén o xantar, que está previsto para as 14:00 horas.
A data límite para inscribirse é este xoves, 22 de outubro.
O Concello de Cervo organiza para o luns 19 de outubro unha andaina popular polo Día Mundial Contra o Cancro de Mama. A saída será ás 17:30 horas desde o peirao de San Ciprián.
Ademais os edificios municipais iluminaranse de cor rosa “para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade”, explica o Concello de Cervo.
Este domingo, día 2 de agosto, desde as 11:00 horas celebrarase a andaina Viveiro en marcha contra o cancro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.
O percorrido será desde Os Castelos, polo paseo marítimo de Covas ata Celeiro, que é unha distancia de 5 quilómetros.
O prezo da inscrición con camiseta é de 10 euros, pero “se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas”, explica a organización.
A segunda edición da andaina O Vicedo en Marcha Contra o Cancro celébrase o domingo 19 de xullo ás 11:00 horas con saída dende a Ponte Vella sobre o Sor ata o Parque de O Vicedo. Esta actividade lúdico deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo estará aberta a todas as idades. As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online nesta páxina: https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/o-vicedo-en-marcha-contra-o-cancro-2026. Remata o prazo de inscricións online o venres 17 de xullo, ás 14:00 horas e presencialmente do 13 ao 17 de xullo de 11:00 a 13:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo. O mesmo día do evento, 19 de xullo, ás 10:00 horas no punto de saída:a Ponte Vella sobre o Sor.
... leer másA segunda edición da Andaina Ribadeo en Marcha Contra o Cancro celébrase o sábado, 13 de xuño, ás 11:00 horas con saída dende o Parque de San Francisco en Ribadeo. Esta actividade lúdico deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, estará aberta a todas as idades.
A organización explica que “o obxectivo é concienciar sobre a importancia dun estilo de vida saudable para a prevención do cancro, baseado nunha alimentación adecuada e na actividade física. As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online, a través da url https://enmarcha....
leer másA segunda edición da andaina Ribadeo en Marcha Contra o Cancro celébrase o sábado, 13 de xuño, ás 11:00h con saída dende o Parque de San Francisco, na vila ribadense. Esta actividade lúdico deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, estará aberta a todas as idades. O obxectivo é concienciar sobre a importancia dun estilo de vida saudable para a prevención do cancro, baseado nunha alimentación adecuada e na actividade física.
As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online, a través de esta url https://enmarcha.contraelcancer.es/es/...
leer másEste luns presentouse a terceira edición de Burela En Marcha Contra o Cancro, unha actividade lúdico-deportiva para todas as idades que se celebrará este domingo, 22 de marzo, con saída dende a Praza da Mariña ata a praia A Marosa, ida e volta, anuncia a Asociación Española Contra o Cancro, que agradece o apoio do Concello de Burela; empresas patrocinadoras, Garsán e Solán de Cabras; e empresas colaboradoras, Eroski Center, Ambulancias Burela, Sixto Eijo SL e o Cluster Galego do Deporte.
As inscricións para participar poden facerse a través da web...
leer másO Concello de Burela convoca á cidadanía a participar na IV Andaina contra a Violencia de Xénero, que terá lugar o domingo 30 de novembro ás 11:00 horas. A actividade enmárcase nas accións polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
A andaina seguirá unha ruta circular de 8 quilómetros, de baixa dificultade, con saída e chegada na Praza da Mariña, co obxectivo de promover a participación veciñal nun acto “simbólico e colectivo de rexeitamento á violencia de xénero”, segundo explicou a concelleira de Igualdade, Alexandra Fernández.
A concelleira destacou que “este tipo de accións son importantes porque visibilizan a unidade social fronte á violencia e recordan que a igualdade constrúese cada día, tamén desde o espazo público”. Engadiu ademais que “a participación cidadá é clave para...
leer másO Concello de Cervo presentou este mércores a actividade Cervo en Rosa, coa que conmemorará o vindeiro domingo, día 19 de outubro, o Día Mundial contra o Cancro de Mama. A cita central será unha andaina solidaria, que partirá ás 11:00 horas do Peirao de San Ciprián, aberta a toda a poboación que desexe sumarse.
Na presentación estiveron a alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez e representantes das diferentes asociacións de mulleres do municipio -Mulleres de San Ciprián, Alborada, As Espalladoras e Mulleres en Igualdade-, que colaborarán activamente na organización da xornada.
A actividade pretende “visibilizar a loita contra o cancro de mama e fomentar a participación cidadá como mostra de apoio ás persoas afectadas e ás súas familias. Como broche final plantaranse flores rosas no...
leer másEste domingo, día 10 de agosto, terá lugar a andaina Viveiro en marcha contra o cancro. O percorrido será desde Os Castelos, no Paseo Marítimo de Covas, ata Celeiro, unha distancia de 5 quilómetros. A saída levarase a cabo ás 11:00 horas.
Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, que anuncia que o prezo da inscrición con camiseta é de 10 euros. “Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas. A qué esperas? Inscríbete! Online en https://enmarcha.contraelcancer.es/.../viveiro-en-marcha... ...
leer más












