Campus

22/04/2026

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón, que foi presentado no Salón dos Alcaldes do Concello ribadense. No acto participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o CEO de The Football Dream, organizador do Campus Mareo Itinerante, Alberto Carmona, o coordinador da SD Ribadeo, Aitor García, e o técnico de Deportes do Concello, Iván López.

O edil de Deportes tivo palabras de agradecemento para o club asturiano: “quiero darle las gracias desde el Concello de Ribadeo al Sporting por enseñar los valores y ese gran talento de una de las mejores canteras del fútbol español, como dice su historia, a nuestros jugadores. Os damos las gracias por hacer tan bien vuestro trabajo, por entender que el deporte es clave y por escoger a Ribadeo como epicentro del fútbol, ya que...

leer más
Etiquetas:
30/03/2026

O Concello da Pontenova ofrece un campus de skate os días 31 de marzo e 1 de abril, martes e mércores desta semana.

Esta actividade desenvolverase no polideportivo municipal Tito Margaride de 10:30 a 13:30 horas.

Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden chamar ao teléfono do Concello da Pontenova (982.34.22.77).

Etiquetas:
30/03/2026

Este verán Ribadeo acollerá unha semana dedicada ao baloncesto, á aprendizaxe e á convivencia, deseñada para que os mozos e mozas se desenvolvan a través do deporte, compartindo valores, creando amizades e vivindo experiencias inesquecibles.

O campus ofrece tres modalidades adaptadas ás necesidades dos participantes:

Intensiva (10:00 – 14:00)
Enfocada no desenvolvemento técnico individual, inclúe traballo específico de fundamentos, adestramento por posicións, competicións e retos, co obxectivo de potenciar a mellora individual de cada xogador/a.

Externa (10:00 – 19:00)
Combina o traballo de tecnificación cunha experiencia máis completa. Inclúe adestramentos, comida, competicións e actividades complementarias como torneo 3x3, excursión á Praia das Catedrais e actividade de surf...

leer más
27/03/2026

A piscina olímpica municipal de Cervo acolle un campus de natación artística, con actividades abertas ao público, desde este sábado, día 28 de marzo, ata o 1 de abril, mércores.

O Concello de Cervo anuncia que os horarios para o público son os seguintes: o sábado 28 de marzo, de 11:15 a 13:15 e de 16:30 a 19:00 horas; o luns 30 e o martes 31, de 10:00 a 12:30 e de 16:30 a 19:00 horas; e o mércores 1 de abril, de 10:00 a 12:30 e de 16:00 a 17:30 horas, cando será a exhibición final.

Etiquetas:
09/03/2026

O municipio de Cervo será sede do I Campus de Semana Santa de Natación Artística, unha iniciativa organizada pola Federación Galega de Natación, en colaboración coa administración local, dirixida a nenos e nenas nados entre 2011 e 2015 que estean federados nesta disciplina.

O Concello de Cervo explica que “o campus desenvolverase do 28 de marzo ao 1 de abril na Piscina Municipal de Lieiro e contará coa dirección técnica de Sandra Montes, ademais da participación de adestradores de alto nivel”.

Na presentación do evento participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o concelleiro de Deportes, David Rodríguez; o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, e persoal municipal da instalación.

A alcaldesa destacou: “para nós é unha satisfacción que Cervo sexa...

leer más
Etiquetas:
23/02/2026

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño unha nova edición do Campus de Tecnificación de Baloncesto The Basket Dream destinado a rapazas e rapaces de 6 a 18 anos.

A cita está organizada por Élite Sports Academy, The Basket Dream e CB Ría de Ribadeo. Colaboran: Concello de Ribadeo, Caja Rural de Asturias e Tukán.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anunciou que “volve o Campus de Tecnificación de Baloncesto a Ribadeo. As rapazas e os rapaces compartirán esta experiencia deportiva con adestradores profesionais dalgunhas das ligas femininas e masculinas. A inscrición xa está aberta. As persoas interesadas poden facela a través de...

leer más
Etiquetas:
01/07/2025

Do luns 7 ao venres 11 de xullo terá lugar en Ribadeo un campus de fútbol do Real Oviedo. Está destinado a nenas e nenos nacidos entre os anos 2010 e 2019.

O concelleiro de Deportes ribadense, Francisco José Silvent, comentou que “aínda quedan algunhas prazas libres para participar neste Campus do Real Oviedo, que se desenvolverá do 7 ao 11 de xullo no Campo do Outeiro, na Devesa, en horario de 9 a 14 horas”. As persoas interesadas poden obter máis información na web www.campusrealoviedo.es.

O edil ribadense aludiu “a ampla oferta de campus de fútbol e doutras disciplinas deportivas que durante...

leer más
26/06/2025

O concello de Cervo será escenario este verán de tres campus deportivos organizados pola Federación Galega de Natación (FEGAN), en colaboración co propio Concello. As actividades desenvolveranse na piscina municipal e estarán dirixidas a nenos e nenas federados interesados en mellorar as súas habilidades nas disciplinas de natación, natación artística e waterpolo. O calendario dos campus será o seguinte: de waterpolo, do 30 de xuño ao 5 de xullo; de natación, do 7 ao 12 de xullo; e de natación artística, do 14 ao 19 de xullo.

O campus de natación artística está destinado a rapaces e rapazas nados nos anos 2010, 2011, 2012 e 2013, mentres que os campus de natación e waterpolo están dirixidos aos nados entre 2011 e 2014.

Durante a presentación dos campus, na que estiveron presentes a rexedora municipal de Cervo,...

leer más
Etiquetas:
13/06/2025

O CHL Meigas organiza unha nova edición do seu campus de verán en Ribadeo, que terá lugar do 29 de xuño ao 5 de xullo. Na cita participarán 50 nenas e nenos, nados entre os anos 2009 e 2016, que gozarán de diferentes actividades como día de praia, surf ou noite de xogos, ademais da práctica deportiva do hóckey.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “este campus contará coa intervención de adestradores de primeiro nivel, entre os que destacan a seleccionadora catalana e o seleccionador de Finlandia”.

O edil ribadense engade: “en Ribadeo estamos encantados de acoller campus de diferentes disciplinas deportivas durante o verán, contamos cunhas boas instalacións e iso fai que moitos clubs aposten por Ribadeo para levar adiante estas actividades nas que participan moitos nenos e nenas tanto do...

leer más
05/06/2025

Está aberta a inscrición para participar no campus de verán do Atlético de Madrid que se desenvolverá en Ribadeo do 28 de xullo ao 9 de agosto.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “haberá dúas quendas deste campus: unha que terá lugar do 28 de xullo ao 2 de agosto e outra do 4 ao 9 de agosto. Desenvolverase de luns a sábado en horario de 9:30 a 14:00 horas e está destinado a rapaces de 5 a 16 anos. Os participantes recibirán valoración técnica, equipamento do campus do Atlético de Madrid, diploma acreditativo, así como recordos e fotografías”.

Silvent contou que “este campus contará con servizo de autobús entre Foz e Ribadeo pasando por San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante e entre La Caridad e Ribadeo pasando por Valdepares, Tapia, Figueras, Barres, Castropol e Vegadeo. Todo...

leer más