Empresas
O vindeiro luns, 4 de novembro, terá lugar o quinto sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Ribadeo. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 28 de outubro e o 3 de novembro no comercio asociado a Acisa entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Ribadeo.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia...
leer másFoz celebra unha nova edición do Campañazo os venres 8, 15, 22 e 29 de novembro, con 2.400 euros en premios. Esta iniciativa foi presentada polo alcalde focense, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo, Comercio e Actividades Económicas, José María Linares; e o presidente de Centro Comercial Aberto de Foz, José Carlos Paleo.
Nesta tradicional cita participarán 44 establecementos comerciais e de hostalería. Os sorteos celebraranse cada venres do mes de novembro, a partir do día 8, ás 23:00 horas e en cada un deles entregaranse 300 euros en vales de compra ao Campañazo e outros 300 euros ao resto de cartóns premiados. O sorteo ofrecerase en directo a través de Radio Foz, no 107.4 da FM.
Os 31 comercios que participan nesta nova edición do Campañazo de Foz son: Alain Afflelou Óptica, Hola Ola, Asesoría Marcos Fernández...
leer másMañá, 1 de novembro, da comezo o Mes do Aforro de Acisa Ribadeo. Trátase dunha campaña de fidelización con descontos no combustible grazas ao convenio firmado entre a Asociación de Comerciantes e o Grupo Valcarce. Aquelas persoas que realicen compras superiores a 10 euros nos comercios ribadenses socios de Acisa do 1 ao 30 de novembro obterán tarxetas de desconto de 0,09 euros por litro de carburante na estación de servizo de Vilar.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, explica que “o obxectivo desta campaña é o fomento da actividade comercial en novembro mediante a fidelización do cliente tanto da vila como dos visitantes que se acheguen a Ribadeo”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, considera que “esta campaña pode dar moi bo resultado, xa que un desconto de 9 céntimos no combustible é algo que todo o mundo...
leer másA campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe en Burela mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Acia local.
Os números afortunados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 101.786, e con 100 euros cada uno foron premiados o 79.984, o 100.221, o 103.898, o 84.280 e o 83.449. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para reclamar e consumir os seus premios”.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña desenvolverase esta semana en Ribadeo do 28 de outubro ao 3 de novembro e o sorteo...
leer másOs locais hostaleiros asociados a Acisa poderán pechar unha hora máis tarde as madrugadas do 31 de outubro ao 3 de novembro, do 5 ao 8 de decembro e tamén do 23 ao 25 de decembro e do 30 al 31 de decembro, así como as madrugadas dos venres e dos sábados do último mes do ano. Pendente queda a notificación para a madrugada de fin de ano.
Desde a xerencia de Acisa, Jesús Pérez, explica que “a ampliación horaria para as datas indicadas será dunha hora sobre a habitual que marcan as licencias correspondentes. No caso de fin de ano a ampliación solicitada é de tres horas máis, pero está pendente de aprobación e será comunicada aos nosos asociados e asociadas ao longo do vindeiro mes de novembro”.
Pérez lembra que “so se poden beneficiar desta ampliación os establecementos asociados a Acisa Ribadeo, por iso dende a...
leer másO vindeiro luns, 28 de outubro, terá lugar o cuarto sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Burela. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 21 ao 27 deste mes no comercio asociado a Acia local entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Burela.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante....
leer másAcisa Ribadeo impulsará novas actividades para a hostalería e o comercio nos últimos meses do ano. O colectivo empresarial animará a visitar a vila durante as fins de semana e organizará dúas campañas en novembro. Estes foron algúns dos acordos acadados na reunión mantida pola xunta directiva de Acisa hai uns días. Nese encontro definíronse as liñas de actuación para os vindeiros meses.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, anunciou que “este mes de outubro rematará realizando seis campañas. Os días azuis do comercio galego, que acaban de rematar. Esta fin de semana celebrarase unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo e unha Noite Aberta para o comercio. O luns que ven comezará en Ribadeo a campaña da FCAM co sorteo de 1.000 euros en vales de premios en comercios e hostalería; poñeranse a disposición dos veciños as...
leer másA campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe en Xove mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Aciam local.
Os números premiados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 69.087, que foi repartido en Pescadería Barreira; e con 100 euros cada un foron premiados o 66.537 na Cafetería do Cetro Cívico, o 71.008 en Peluquería Fina, o 74.406 en Panadería Maral, o 70.271 en Mesón A Fuga e o 67.335 en Asesoría Noceda. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para reclamar e consumir os seus premios”.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os...
leer másDo 14 ao 20 de outubro desenvolverase en Xove a campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. O sorteo de 1.000 euros en vales de compra será o día 21.
Todas as persoas que realicen as súas compras do 14 ao 20 de outubro no comercio asociado á Aciam de Xove entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Xove.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos teñen lugar os...
leer másAcisa colabora coa Asociación Española Contra el Cáncer realizando unha recollida de donativos do 12 ao 20 de outubro. Arredor de 80 establecementos contarán con huchas para que a clientela que queira poida deixar as súas achegas.
Desde Acisa consideran que “colaborar e participar en campañas solidarias como esta é un deber moral, non nos costa nada e podemos axudar a moitas persoas, por iso a AECC e a súa agrupación de Ribadeo contan co noso apoio e a nosa colaboración”.
Acisa dalle ás grazas “á AECC por contar con nós para levar adiante esta campaña. E queremos darlles a noraboa polo traballo que fan día a día axudando e apoiando ás familias e ás persoas afectadas polo cancro”.
A campaña foi presentada este mediodía polo vicepresidente e polo xerente de Acisa, Juan Andina e Jesús...
leer más