Empresas
Un xurado profesional elixiu como os mellores escaparates do Nadal, que acaba de rematar, os de Viajes Rodríguez e Electricidad Núñez.
E no facebook houbo empate a 299 votos. Dous negocios reuniron o mesmo número de me gustas. Foron: Chuvia e Vas’s Outlet.
O Concurso de Escaparates desenvolveuse do 16 de decembro ao 6 de xaneiro. O CCA estableceu varios premios, consistentes en diplomas e obsequios. Uns para os escaparates que recibiron máis apoios en facebook e outros para os elixidos polo xurado profesional que avaliou as diferentes decoracións presentadas ao certame.
E a imaxe gañadora do Concurso de Nadal no Fogar foi a publicada nas redes como Navidad 1. Desde o CCA lembraron que “para decorar os fogares os participantes puideron empregar todo tipo de materiais e detalles. Pero...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición do Campañazo, que se desenvolverá os venres 10, 17, 24 e 31 deste mes de xaneiro. Hai 2.400 euros en premios, que son vales de compra, e participan 40 establecementos focenses.
Os sorteos realizaranse a partir das 23:00 horas a través de Radio Foz (107.4 FM) en directo. Para participar hai que seguilos desde algún dos locais hostaleiros participantes e desde alí chamar a Radio Foz para cantar o premio. Desde o CCA lembran que “a primeira persoa que cante premio recibirá 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos que participan nesta campaña e entre o resto de participantes con cartóns premiados repartiranse outros 300 euros en vales”.
Os establecementos comerciais participantes neste Campañazo do CCA focense son Alain Afflelou Óptico,...
leer másPor cada compra entregarase un sobre que pode ter un boneco de papel ou un vale de compra para canxear no comercio local
O Centro Comercial Aberto de Burela volve a preparar este sábado a súa actividade dos inocentes con centos de euros en vales de compra para o día 28 coincidindo cos Santos Inocentes.
Este día, como ven sendo tradicional, é a xornada das bromas e na que tradicionalmente se lle colga a alguén un monigote de papel nas costas e, cando se decata disto, a xente ao redor cántalle: “inocente, inocente”.
Para festexar e potenciar este día tradicional, os establecmentos asociados a CCA Burela repartirán 1.000 sobres este día. Algúns terán premios en vales de compra e outros simplemente o monigote de papel, e se non toca o premio sempre o poderás poñer nas costas de alguén porque...
leer másA Asociación de Comerciante, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo ven de repartir nestes días mais de 400 bobinas de papel de regalo nos establecementos comerciais asociados.
O xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, explicou que “este papel, do que se repartiron 400 bobinas en dous modelos, un de 75 centímetros de ancho para os paquetes mais grandes e outro de 35 centímetros de ancho, está decorado cos logotipos de Acisa e da Rede de Comercios no Camiño, e cumpre as normas de respecto o medio ambiente, sendo 100 % biodegradable”.
Pérez engadiu que “esta iniciativa está enmarcada no proxecto da Rede de Comercios no Camiño, á que se adheriron os comercios de Acisa o pasado mes a través dunha solicitude conxunta da nosa asociación”.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte,...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza o I Concurso de Decoración Nadal no Fogar. Na cita poderá participar calquera persoa que o desexe enviando foto do seu recuncho de Nadal.
Segundo explican desde o CCA “para decorar os fogares poderanse empregar todo tipo de materiais e detalles. E algún deles tería que se adquirido nos establecementos asociados a Acia/CCA. As persoas que se inscriban para participar neste concurso deberán detallar en qué tenda fixeron esas compras decorativas”.
As persoas interesadas en participar no I Concurso de Decoración Nadal no Fogar teñen ata as dúas da tarde do vindeiro 18 de decembro para inscribirse no seguinte correo electrónico: aciafoz@gmail.com
O 20 de decembro publicaranse todas as imaxes recibidas no...
leer másAcisa Ribadeo comezou a súa campaña de Nadal na que investirá 30.000 euros. O acendido da árbore da praciña de San Roque tivo lugar na tarde de onte. Conta con mais de 1.000 metros de luces leds de diversos colores, 10 metros de altura e 5 de diámetro ademais dun panel frontal cos logotipos dos establecementos asociados a modo de publicidade dos mais de 160 negocios pertencentes á patronal ribadense.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, declarou que “queremos facer un Nadal especial, tanto para os nosos socios como para os clientes e visitantes. Temos a obriga de axudar aos nosos asociados a aproveitar ao máximo esta campaña, por iso nos envorcamos nela co maior presuposto da última década”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “o...
leer másNeste Nadal Acisa Ribadeo reparte novamente 15.000 rueiros entre os seus hoteis asociados para dar información aos visitantes durante estas datas festivas.
Segundo explican desde a directiva de Acisa “os novos rueiros están pensados para que os hoteis poidan informar aos seus clientes de forma rápida e eficaz. Levan un listado onde están tódolos establecementos asociados, e no que se poden consultar tendas, bares, restaurantes.... E ademais proponse unha ruta turística da vila, percorrendo os principais lugares de interese”.
Este material foi editado e repartido por Acisa, en colaboración co Concello de Ribadeo, no marco das actividades conxuntas do convenio firmado entre ambas entidades.
Dende a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos cren que “se...
leer másUn grupo de comerciantes y hosteleros de la avenida de Galicia en Ribadeo volvió a decorar los árboles de esta calle ribadense con la llegada de la Navidad. Este año los adornos fueron elaborados de nuevo por la Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña. Siguiendo con una tradición que ya pusieron en marcha en 2015, este grupo de empresarios decidía, con la autorización del Concello de Ribadeo, decorar una vez más los árboles de la calle con motivo de las fiestas de Navidad.
Los usuarios de la Asociación de Ayuda ao Enfermo Mental A Mariña han sido los encargados de elaborar y colocar los 300 adornos que ya se pueden ver desde hoy en los árboles de esta céntrica calle de Ribadeo.
La donación recaudada por los comercios y locales hosteleros que han colaborado en esta acción se entregará a la Asociación de...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz comeza o Nadal repartindo nas rúas mañá, mércores, 1.500 moedas dun euro de desconto, que os clientes poderán utilizar nas compras que realicen nos 40 negocios que participan nesta campaña.
O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, explica que “esta campaña vai estar na rúa desde decembro ata agosto do vindeiro ano. Agardamos superar os 50.000 euros en descontos ao longo deste tempo, grazas á rotación das moedas e ao efecto multiplicador que as tendas ofertarán sobre produtos concretos”.
Paleo sinala que “os comerciantes farán que a campaña teña unha parte de fidelización, agradecemento e atención ao cliente con importantes descontos”. E subliña que “esta moeda que mañá estará na rúa poderá utilizarse igual que a de curso legal, é dicir terá o mesmo valor nas compras. Trátase...
leer másO xoves, 5 de decembro, comeza a campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro, sumándose así ó dia no que o Concello inaugura o Belén e acende o alumeado de Nadal. A asociación de comerciantes un ano mais segue a apostar pola decoración das rúas para dar un ambiente o máis Navideño posible e que luzan espectaculares.
Comezará a campaña o xoves 5 ás 19:00 horas inaugurando a árbore de luces xigante instalada na Praza Maior, que se amplía e que alcanzará en total uns 11 metros de altura, para dar un toque aínda máis luminoso si cabe e que servirá de escenario para os “selfies” navideños. Faremos un sorteo nas redes sociais, e o que suba unha foto co selfie máis divertido gañará unha cea para 2 persoas.
As rúas respirarán aire de Nadal coa decoración de abetos naturais colocados nas entradas dos...
leer más