Exposiciones
O Concello inaugura a exposición fotográfica Síntese sobre os proxectos realizados polo obradoiro de emprego Doc-Tic II. Esta interesante mostra está composta por 23 fotos seleccionadas entre as realizadas para os dous proxectos fotográficos que forman parte da actividade formativa e que se engade aos traballos de dixitalización de documentación histórica do Concello. Cada participante seleccionou 4 obras.
Con esta iniciativa móstrase parte do traballo realizado polos participantes nas dúas especialidades que integran este obradoiro que conta coa subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria e co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020.
O acto inaugural terá lugar o vindeiro...
leer másAta o 22 de febreiro estará aberta na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en Burela, a exposición dos traballos realizados nos cursos de tempo libre que organizou o Centro de Información ás Mulleres durante a tempada 2018. O acto de inauguración contou coa participación do alcalde burelés, Alfredo Llano, e da concelleira de Muller e Servizos Sociais, Noelia Mª Ben.
A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 19 horas polas tardes.
Ata o 20 de febreiro pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, a exposición de gravado e debuxo de Comeluz, artista polifacético natural das Pontes.
A mostra está composta por unha serie de estampas (gravados, litografías, linóleos, serigrafías e xilografías), debuxos e pinturas que o artista puido desenvolver durante os seus anos de estudo das Artes en Lugo e Salamanca, así como de varias pezas realizadas nos últimos anos.
No acto de inauguración participaron o alcalde, Alfonso Villares, e outros membros do equipo de goberno.
A Semana Santa de Burela será a protagonista da exposición que se inaugurará o vindeiro venres, 11 de xaneiro, na Deputación Provincial de Lugo. Alí poderá visitarse ata o 27 deste mes. Para o alcalde burelés, Alfredo Llano, trátase dun bo escaparate para dar a coñecer a Semana Santa burelesa.
O rexedor anunciou que “o próximo venres, día 11, vai haber a apertura dunha exposición da Semana Santa de Burela, que se titula Hai un lugar para ti, e vaise facer ás cinco da tarde na Deputación Provincial de Lugo, na praza de San Marcos. Está organizada pola asociación cultural Semana Santa de Burela e o Concello tamén quere colaborar e aportar o que poidamos para que a esa inauguración vaia o máximo de xente posible. Queremos animar a que as persoas que dalgún xeito queren estar alí presentes para esa inauguración que se aproximen se poden ata...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Alberto García, entregaron esta tarde os premios aos gañadores da terceira edición do concurso fotográfico "O meu recuncho de Mondoñedo”.
A fotografía gañadora é de Andrea Gacio mentres que o segundo e o terceiro premio foron para José Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente.
Ademais, de entre o total de fotografías recibidas, tamén se seleccionaron 13 instantáneas coas que dende o Concello elaboraron o calendario para o vindeiro ano 2019.
As fotografías estarán expostas na oficina de turismo durante todo o Nadal.
A tenda Regal Fontenova en Viveiro acolle a exposición Armamos o Belén que permanecerá aberta ata o 15 de febreiro.
A mostra está composta por 30 beléns feitos en Regal Cerámica. Otero Regal fixo algún belén cos alumnos da primeira Escola-Obradoiro de Viveiro, co que ademais obtivo varios premios. Hoxe ten en catálogo 16 nacementos, e son varios os coleccionistas e museos que expoñen esas creacións.
A exposición complétase con nanas e panxoliñas galegas dedicadas a cada peza e música de Nadal.
O complexo Regalxunqueira de Viveiro acolle do 15 de decembro ata o 31 de xaneiro a exposición de pintura "Catro Médicos por Viveiro", de Jesús Vázquez, Leo García, Pablo Galego e Tino Cuesta.
O grupo de pintura Cuatro Médicos é creado por Jesús Vázquez no Nadal de 2013, e está integrado por Leo García Méndez, médico en Vigo; Tino Cuesta, médico en Osoro; o ferrolán Pablo Galego, médico en Santiago de Compostela; e o propio Jesús Vázquez, médico en Lugo. Todos eles móvense no mundo do expresionismo, e contan cunha ampla traxectoria artística anterior á constitución deste grupo pictórico e paralelamente ao mesmo.
A Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o día 15 de decembro unha exposición de Sergey Sozonov titulada La chica del pazo.
A obra que este artista ruso, afincado no concello coruñés de Ortigueira, expón nesta mostra é unha serie de óleos sobre lenzo co desnudo feminino como protagonista. Como escenario das distintas imaxes aparece o interior dun pazo abandonado coa muller que podería ter sido un dos seus antigos moradores.
Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, que se celebra o 16 de novembro, as asociacións culturais Fervenza de Sargadelos e Mariña Patrimonio súmanse á iniciativa da Rede do Patrimonio Cultural para conmemorar esta efeméride.
Os organizadores sinalan que “a nosa achega consistirá nunha exposición de útiles do paleolítico, achados nos últimos anos de forma casual en distintos lugares da Mariña. Estes útiles serán depositados, rematada a exposición, no Museo Arqueolóxico de Vilalba, seguindo as indicacións de Patrimonio”.
A exposición poderase visitar do 16 ao 30 de novembro na Casa do Concello, de Cervo, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas. Por outra banda, o 23 de novembro está previsto realizar pola mañá unha actividade con alumnado do IES Marqués de Sargadelos que, ademais de visitar...
leer másEste fin de semana terán lugar en Burela a inauguración dunha exposición de pintura, unha representación teatral e unha nova sesión de cine infantil.
A axenda cultural de Burela para a fin de semana arrinca mañá, venres, coa inauguración dunha exposición do pintor, afincado en Burela, César Maseda. Esta mostra, titulada Iconos, estará na Sala de Arte da Casa da Cultura ata o día 30 de novembro. O horario de visitas será de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Ao acto de inauguración, que se celebrará mañá ás 20:00 horas, asistirán o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.
Este sábado, 10 de novembro, o grupo de teatro Lume Escénico de A Pontenova presentará Hotel Rosamar. A representación será ás 20:30 horas e inclúese no programa Buxiganga de Teatro...
leer más