Exposiciones
A sala de exposicións do Complexo RegalXunqueira en Viveiro acolle ata o vindeiro 14 de xullo a exposición titulada "As Olladas", de Lucía Rivas.
A fotógrafa burelesa presenta nesta mostra parte da súa ampla obra fotográfica. Ademais da fotografía de eventos, Lucía Rivas ten un extenso arquivo de imaxes coa natureza como elemento central.
Lucía Rivas ten conseguido distintos premios e mencións en diversos concursos así como a reprodución das súas fotografías a través da Televisión de Galicia.
O Espazo Caritel, situado na parroquia de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, anuncia a súa apertura co novo horario de verán.
O Espazo Caritel estará aberto de 11:30 a 14:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas. O horario dos festivos é de 11:30 a 14:00 horas, e os luns permanecerá pechado.
O proxecto segue apostando polas interferencias que se establecen entre a Arte Contemporánea e a Botánica, tratando de incidir no desenvolvemento sostible da contorna.
Tanto a sala de exposicións como o xardín incorporan novos elementos e novidades que enriquecen o percorrido.
A visita segue a ser guiada e pretende achegar, a todo tipo de público, estes dous aspectos tan necesarios para o ser humano: Arte e Natureza.
As tarifas son 3 euros para adultos, e...
leer másO Concello de Foz presentou actividades que o Ministerio de Defensa vai desenvolver na vila focense durante a vindeira semana. Haberá unha exposición no Cenima a partir do luns 18 de xuño, unha conferencia esa mesma xornada, sobre as misións no exterior das Forzas Armadas; e o día 22 terá lugar outra charla, neste caso sobre a muller nas Forzas Armadas. A exposición, que permanecerá ata o 25 de xuño, titúlase Misión Atalanta. Loita contra a piratería no Indico. A presentación, que tivo lugar este mediodía no Cenima, correu a cargo do alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e do Coronel de Infantería e Suddelegado de Defensa en Lugo, Carlos Boado Quijano.
O rexedor quixo “darlle a benvida ao coronel Boado, organizador desta exposición que presentamos hoxe. Estamos no Cenima, o lugar onde se vai facer esa mostra que organiza o Ministerio de...
leer másO alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, asinou un convenio con Afundación, a obra social de Abanca, para expoñer no CENIMA unha mostra de obras do fotógrafo galego Manuel Valcárcel. Titúlase Auga. O sangue da terra e estará aberta ao público na vila focense do 4 ao 29 de xullo.
No acto para a firma do convenio, celebrado na Casa do Concello focense, estiveron a coordinadora da Área de Relacións Institucionais de Afundación, María Verónica Rego López; e o coordinador institucional de Abanca para Lugo e Ourense, Alberto López Sánchez.
Mañá, 12 de xuño, ás 18:00 horas no CENIMA de Foz, terá lugar a inauguración da exposición dos centros escolares da Mariña que participaron no I Premio Juan Puchades Quilis, patrocinado polo Concello de Mondoñedo.
Esta exposición é a terceira das actividades programadas pola asociación Tá en Artes en homenaxe ao escultor mindoniense. Máis de 720 alumnos/as e 31 profesores/as levan traballando todo o curso partindo da idea da Escultura como referencia, e o patrimonio como resultado, a partires da figura de Juan Puchades Quilis.
Esta mostra presenta máis de 72 esculturas dos once centros escolares da Mariña. Permanecerá no CENIMA de Foz ata o 17 de xuño, e poderá visitarse en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 21:00 h.
Na clausura da exposición entregaranse os premios do 1º Certame...
leer másA sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 28 de xuño a mostra fotográfica Enfocando Historias, un proxecto levado a cabo por mozos e mozas de Down Lugo, coa colaboración da Fundación Teléfonica, baixo a tutela da fotógrafa Aleksandra Dmitrieva; e que tamén contou nesta ocasión co apoio da Fundación Alcoa e o seu Plan de Voluntariado, que brindaron, ademais, a súa axuda na montaxe da exposición.
Á inauguración asistiron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e outros membros do equipo de Goberno, ademais da xerente da Asociación Down Lugo, Delfina Pérez, representantes de Alcoa, persoas usuarias da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña; e os propios autores, autoras e protagonistas da mostra: rapaces e rapazas de Down Lugo que describiron aos presentes o...
leer másA galería Terra Branca, de Ribadeo, acolle unha exposición do artesán coruñés afincado en Mondoñedo José Manuel Fernández Otero (Pepe Oleiro). Trátase de pezas baseadas nas tradicionais da cerámica mindoniense con máis colorido e novas formas.
Pepe Oleiro asegura que “a min me gusta recuperar esa louza tradicional, de feito unha das cousas que estou facendo é recompilar un pouco a cerámica tradicional de Mondoñedo e facer pezas con esas formas. As novas tecnoloxías permítennos mellores calidades nas pezas, máis colorido, máis formas, e adaptalo un pouquiño máis ao gusto da xente na actualidade”.
Para este artesán afincado en Mondoñedo “Terra Branca é unha galería na que a todo o mundo lle gustaría estar. Preocúpanse moito empezando polo artesán e ás pezas danlle un valor engadido importante, na presentación e...
leer másO complexo RegalXunqueira, de Viveiro, acolle a exposición La Chica del Pazo de Sergey Sozonov.
O pintor ruso Sergey Sozonov, afincado en Ortigueira, conta cunha ampla traxectoria e entre as súas exposicións máis recentes están, no pasado mes de marzo, GalioArt-Estilos en Ortigueira e San Cibrao. Tamén expuso Miradas de Ortigueira e Cinco continentes en Ortigueira en 2016 e 2015, e varias obras en galerías de Moscú en 2014.
La Chica del Pazo permanecerá no complexo RegalXunqueira ata o día 15 de xuño.
A sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián acolle estes días a mostra Sentimentos Expresivos composta por unha trintena de obras autoría da pintora Camariñá Mª Luisa Rojo-Novais Grandío.
O alcalde, Alfonso Villares, foi o encargado de inaugurar a exposición, acompañado polos edís de Cultura, Muller e Deportes; ademais de pola propia artista.
A mostra poderá visitarse de luns a venres, ata o 31 de maio. Na inauguración a artista sorteou unha das súas obras entre as persoas asistentes, e resultou agraciada a veciña de San Ciprián, Mª Ángela Pita.
Nesta exposición a autora presenta unha trintena de obras de mediano e gran formato, realizadas sobre óleo e técnica mixta. Os materiais sobre os que se plasman poder ser lenzo, taboleiro náutico ou papel texturado lenzo. O fío...
leer másDende este sábado, 14 de abril, a segunda parte da Exposición Itinerante ‘Percorridos pola colección Numismática do Museo Provincial de Lugo’ poderá visitarse gratuitamente na sala de exposicións do Castelo Castrodouro de Alfoz, ata o 21 de maio de 2018.
Nesta segunda parte o visitante poderá coñecer o estudo das moedas modernas e contemporáneas que establecen un marco cronolóxico dende o s. XVI ata a actualidade.
O monetario do Museo Provincial de Lugo supera as 8.000 pezas e dado que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte, coas exposicións itinerantes a base de textos explicativos, gráficos, debuxos e fotografías preténdese achegar esta colección ao público, así como contribuír ao coñecemento da ciencia numismática.