Exposiciones
A sala de exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián, acolle ata o 31 de agosto unha mostra de Hipólito Xeada.
Trátase de obras cargadas de realismo nas que se poden recoñecer fermosas paisaxes e lugares de referencia do concello de Cervo.
No acto de inaguración participaron o alcalde, Alfonso Villares, así coma outros membros do equipo de goberno cervense.
A sala de exposicións do complexo RegalXunqueira en Viveiro acolle, dende este xoves, 2 de agosto, a mostra titulada Forza, Espazo, Tempo, de Pepa Nieto. A inauguración terá lugar ás 20:00 horas, e a exposición permanecerá no RegalXunqueira ata o 31 de agosto.
A propia artista manifesta que “moldear la arcilla es dar vida a la materia. Mis esculturas se basan generalmente en formas de expresividad que se hacen patentes en el reconocimiento de mi obra. Formas que están relacionadas con las técnicas tradicionales, aunque en su mayoría prevalece intencionadamente ese corte moderno y de actualidad, por el que siento verdadera pasión”.
Pepa Nieto naceu en Outes (Coruña) e reside en Madrid. Entre outras distincións, obras súas foron seleccionadas no Concurso Anual de Artes Plásticas 2000 na modalidade de Cerámica do...
leer másEste mércores, 1 de agosto, ás 20:00 horas no Cenima, de Foz, terá lugar a inauguración da mostra titulada Huellas de Araceli Larrán e Lucía Vila.
Huellas revela ao espectador invencións, apuntes, observacións e procesos de investigación destas dúas artistas. O proxecto ten un punto de partida intimista do que se xeran obras que abarcan diferentes ámbitos técnicos: debuxo, pintura, poesía, collage…
Lucía Vila é licencia en BBAA e Historia das Artes, e compaxina a súa actividade artística coa docencia en ensinanzas medias. Araceli Larrán, formada en BBAA, traballa como profesora de ensinanzas medias en Cantabria, onde reside.
A exposición estará no Cenima de Foz ata o día 15 de agosto, e pode visitarse en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas de luns a sábado.
...
No complexo Regalxunqueira de Viveiro inaugúrase mañá, 24 de xullo, ás 20:30 horas unha exposición de pintura e cerámica de Lorenzo González e Otero Regal.
A mostra presenta un encontro entre a cerámica de Otero Regal e a pintura de Lorenzo González, profesor de Belas Artes, natural de Medina de Rioseco, quen desde que descubriu este lugar da Mariña lucense, reside na parroquia de San Román do Val, no Vicedo.
A mostra permanecerá, na sala de exposicións de Regalxunqueira, ata o día 15 de agosto.
A sala de exposicións da Casa da Cultura acolle estes días a mostra “Adaptacións” de Xosé López Losada, “Xolo”, natural de Ourol.
O artista estivo acompañado no acto inaugural pola a edil de Cultura, Dolores García Caramés, a de Servizos Sociais, Pilar Armada, e os concelleiros de Deportes e Obras, José Ramón Soto e Plácido Pérez, respectivamente, ademais de compañeiros e compañeiras da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.
A mostra, que pode visitarse ata o 30 de xullo, está composta por 15 obras escollidas de entre máis de 200 cadros que conforman a colección de “Xolo”, que está ligado ao mundo da artes desde que era un neno.
O pintor trasladouse a Salamanca no ano 1987 para estudar Belas Artes, onde acadou Matrícula de Honra no primeiro curso de Universidade. A finais do...
leer másA tenda Regal Cerámicas, situada na praza da Fontenova, en Viveiro acolle do 17 de xullo una exposición colectiva titulada "Mar", na que participan un total de 17 artistas.
Nesta mostra poden verse obras de Otero Regal, Roque Fanego, Pablo Livio, Juanel Ponte, Juan Puchades, Francisco Santos, Agustín Patiño, Chiruca Riveira, Pepa Losada, Fabián Reino, Juan Manuel López Roibal, Otto Treto, David Catá, José Luis Neira Broch, Lorenzo González, Xavier Magalhaes y Cristina Sánchez.
A mostra colectiva "Mar" poderase visitar ata o 15 de setembro.
A partir del martes 10 de julio se abrirán las puertas de la Exposición “13 años de Resurrection Fest”.
Una iniciativa del Centro Comercial Histórico de Viveiro y secundada desde el principio por la organización del Resurrection Fest. Se podrá visitar del martes 10 al sábado 14 de Julio en la Sala de Exposiciones de la Biblioteca Municipal y estará abierta al público en horario de 12 a 14 horas y de 17 a 20 horas.
En ella se puede ver la evolución del Resu a lo largo de sus 13 años de historia con los carteles de todas las ediciones, fotos de conciertos, merchandising y muchos recuerdos más.
Con esta iniciativa, que ya es el segundo año que se realiza, se trata de acercar el festival al centro histórico de Viveiro, a lo que sumamos iniciativas como ambientar las calles con el hilo musical...
leer másA moza sancibrense Uxía Treitas vén de presentar o seu traballo fotográfico que se pode visitar na Sala de Exposicións da Casa da Cultura ata o 13 de xullo.
Con esta mostra, esta rapaza de 22 anos e graduada en Belas Artes, pretende concienciar, a través de 17 láminas integradas por diferentes espazos naturais do municipio, sobre a importancia de preservar a contorna e o medio ambiente; empoderándoo e dándolle a importancia que merece.
O rexedor, Alfonso Villares, recordou que todas os espacios municipais están a disposición daquelas persoas que teñan algo que amosar e o desexen compartir con nós, e neste caso, “é unha satisfacción poder ver tan de preto o talento e o gran traballo de fin de grao de Uxía, que reflicte, ademais, ese compromiso e respecto polo medio ambiente que é un exemplo para toda a mocidade e a...
leer másA exposición de acrílicos ‘Xurucido e Marquesado: Os zoqueiros de Valadouro’de Xosé Blanco, poderá visitarse na primeira planta do Castelo do Castrodouro durante todo o mes de xullo.
A mostra, composta por 15 obras, amosa unha recreación e interpretación do proceso e das ferramentas empregadas para a elaboración das zocas polos zoqueiros Eliseo Expósito “Marquesado”, natural de Recaré e o seu compadre e amigo Xosé Blanco Ares “Xurucido”, de San Tomé, avó do autor.
Sobre a obra
O autor, veciño da parroquia de Adelán de Alfoz, é fillo e neto de zoqueiros e explica o sentido da súa exposición nas seguintes liñas:
En verbas do etnógrafo e escritor ourensán Xaquín Lourenzo “Xocas” o oficio de zoqueiro é un “Oficio moi sinxelo, que non precisa ferramenta, case todos os campesiños foron...
leer másO Eido Dourado abrirá as súas portas o vindeiro domingo, 1 de xullo, na que será a súa décima tempada. O horario de visita deste espazo dedicado á arte, situado a carón da praia da Pasada en Barreiros, será de martes a domingo de 11:30 a 13:30 horas pola mañás e de 18:00 a 21:30 horas polas tardes. O artista barreirense Celso Dourado, promotor deste proxecto, anuncia que a mediados de xullo dará comezo o ciclo de concertos Sons no Solpor no Eido Dourado.
Celso Dourado manifestou que “arrancamos unha nova tempada, van xa dez con esta, e abrimos o espazo Eido Dourado para o público cunha exposición renovada, na súa meirande parte, e cunha serie de actividades vinculadas case esencialmente á música. Abriremos o vindeiro domingo, 1 de xullo, en horario de once e media a unha e media polas mañás, e de seis a nove e media da tardiña. Os luns...
leer más