Gastronomía
A Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo celebrará un magosto este xoves, 16 de novembro, ás 18:00 horas. Será diante das instalacións do centro educativo.
Haberá castañas asadas e actuación de música tradicional a cargo da asociación ribadense Amigos da Gaita Galega.
A hostalería de Mondoñedo, coa colaboración do Concello, organizan a XVI edición do Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo. Será os días 24, 25 e 26 de novembro -venres, sábado e domingo- e participarán: A Taberna da Galiana, Bodegón A Catedral, Faragullas, Viñoteca O Petisco, O Palique, O Rincón de Mondoñedo, O Porriño e A Bodeguiña.
As tapas poderán degustarse o venres pola noite, o sábado ao mediodía e á noite e o domingo ao mediodía. Cada local presentará as súas creacións que serán xulgadas por todas aquelas persoas que se acheguen a probalas. Entre as votacións do público sortearanse agasallos para agradecer a súa colaboración.
A asociación Os Bolouros, de Foz, celebra a 43ª edición das súas xornadas micolóxicas, que nesta ocasión están dedicadas á lembranza de Suso do Bahía. Desenvólvense as actividades ata o 30 de novembro.
Os xoves 9, 16, 23 e 30 de novembro hai os xoves de funxitapas nos establecementos hostaleiros Barrilete-Racimo e Casa Damián, onde coas consumicións serven petiscos de cogomelos a partir das 20:30 horas.
Para o domingo 12 de novembro está programado un percorrido pola Fraga das Lerias, no Valadouro, para recoller e identificar cogomelos. A saída será desde diante da Casa do Concello de Foz ás 09:30 horas. Os participantes que queiran poderán asistir a un xantar, para o que hai que inscribirse antes do día 11.
O domingo 19 de novembro haberá unha andaina pola Ruta de Cabreiros, na contorna...
leer másO Concello de Riotorto organiza a sexta edición da Ruta de Tapas para os días 1 e 2 de decembro, venres e sábado. Participarán cinco establecementos: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Confitería Irma e Mesón O de Sempre.
O prezo de cada tapa será de 2,50 euros e sortearanse cinco premios: 200 euros, 100 euros e 3 vales de 50 euros de Queixos Don Hilario, Cárnicos O Mazo e Panadería Cartiere.
A asociación de veciños Fontes Claras, da parroquia de San Pedro, no municipio de Viveiro, organiza un magosto para este sábado, 11 de novembro, a partir das 21:00 horas. Será no campo da festa, que estará cuberto cunha carpa.
Haberá castañas asadas, xamón cocido, chourizos, panceta á brasa, viño e refrescos. A música correrá a cargo dun dúo. O prezo para os socios do colectivo veciñal é de 10 euros e os que non o son teñen que pagar 15 euros.
Para asistir hai que reservar previamente a través do teléfono 628.04.12.15.
Acisa Ribadeo pon a disposición dos seus asociados e asociadas novos materiais gratuítos para hostalería. Trátase de bolsas e de envases de comida e bebida para levar. Na presentación participaron a presidenta e o xerente da asociación, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Atención Cidadá, Montse Seijo.
A presidente de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “Acisa pon un ano mais novos materiais gratuítos a disposición dos seus socios e socias. Nesta ocasión trátase de bolsas para as botellas de viño, bolsas e envases de comida para levar e vasos térmicos para cafés ou infusións. Desde Acisa quixemos repetir este esforzo especial para poder axudarlle á hostalería pensando na campaña de Nadal e no vindeiro ano e facémolo tentando aforrarlles custes. Por este motivo poñemos á súa disposición dous modelos de...
leer másA asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte, da parroquia de Bravos (Ourol) organiza un magosto para o 11 de novembro, sábado. Será no seu local social a partir das 21:00 horas.
Haberá cachelos, torresmos, chourizos e castañas de balde. E baile amenizado polo dúo Samba.
A asociación Amigos da Gaita Galega, de Ribadeo, prepara un magosto para o sábado 11 de novembro a partir das 18:00 horas. Será na rúa Rodríguez Murias da vila ribadense, que está na zona coñecida como Cuatro Calles.
Os organizadores anuncian que haberá castañas, chocolate quentiño e moita música.
Burela celebrará a oitava edición da Festa da Castaña con foliada o 11 de novembro, sábado, na Praza da Mariña. Está organizada polo Concello de Burela a Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia e Os Asadores.
As actividades empezarán ás 12:00 horas con cantos de taberna; de 17:00 a 19:00 horas haberá obradoiros de regueifa e baile, ademais de xogos populares para nenos. O reparto de castañas e bolos preñados con auga ou viño empezará ás 18:30 horas, a foliada será desde as 19:00 e ás 21 horas empezarán os concertos de Grileiras, Pan.Sen.Fron, Os Carecos e Medio Quinhon.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo organiza o magosto que se celebrará no pavillón municipal de Alfoz o 11 de novembro, sábado, a partir das 21:00 horas.
Haberá chourizo, lacón asado, pan, castañas, viño, auga e café, ademais dunha actuación musical. Para participar hai que reservar a través dos teléfonos 657.109.592 ou 603.895.753. O prazo remata o 8 de novembro.
Para esta actividade a asociación O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.