Libros
O día 21 de marzo celébrase o día da poesía. Na Librería Bahía vano celebrar este sábado, día 17, ás doce da mañá, cunha sesión de Familias que contan entorno ao libro “Poemar o mar”, de Antonio García Teijeiro.
As encargadas desta sesión srán a libreira Cielo Fernández e a súa filla, Agua Menacho.
Antonio García Teijeiro recibiu por este libro o premio nacional de literatura infantil o ano pasado, isto quere dicir, que este premio recaeu nun libro galego, e ademais nun libro de poesía, o que da idea da calidade deste libro.
“Achegar a poesía aos pícaros e facelo de xeito divertido e lúdico é o que pretendemos con esta nova sesión de Familias que Contan dedicada nesta ocasión á poesía”, explican desde Librería Bahía.
A asociación cultural A Pomba do Arco de Foz organiza o 22 de marzo a presentación do volume A rebeldía galega contra a inxustiza.
O acto terá lugar ás 20:30 horas na Libraría Bahía de Foz, e nel participarán o coordinador do traballo, Xosé Ramón Ermida Meilán, o presidente de Sermos Galiza, Xoan Costa, e Xoan Ramón Fernández Pacios.
A publicación recolle a revolta acontecida en Foz en 1918, un levantamento social dirixido e protagonizado polas mulleres focegas, nun contexto marcado pola brutal epidemia de gripe que rematou coa morte de máis de 122 veciños da localidade, e dunha vaga de fame como consecuencia da alza dos prezos dos produtos de primeira necesidade.
A obra achega información sobre algunhas das razóns que favoreceron a extensión da epidemia de gripe, considerada como a...
leer másNo salón de plenos do Concello presentáronse esta mañá os folletos turísticos denominados Roteiro pola historia de Ribadeo, e nos que se recollen os debuxos e textos das máis de 30 placas de Sargadelos colocadas en rúas, prazas e lugares de Ribadeo. Están editados en catro idiomas: inglés, francés, español e galego e estarán á venda na Oficina de Turismo ao prezo de 1,50 euros. A primeira tirada é de 1.200 exemplares. No acto participaron o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez, o arquitecto municipal Carlos Longarela, o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor dixo que “isto é algo moi importante para reafirmarnos como un pobo que leva aquí moitos séculos, que ten moita historia e que moitas veces o tempo vai pasando e as xeracións que van vindo non saben nada do que outras deixaron atrás....
leer másO venres, 23 de febreiro, ás 20:30 terá lugar na Libraría Bahía, de Foz, a presentación de “Galeguia”, unha traballo de Manuel Miragaia, no que percorre unha parte da historia de Galicia e as súas relacións con Portugal.
O acto está organizado pola asociación A Pomba do Arco.
O Complexo Cultural Regal Xunqueira en Viveiro acolle este xoves, 15 de febreiro, ás 20:30 horas, a presentación do poemario Las páginas del agua do que é autor o profesor do IES Vilar Ponte José Juan Martínez Ferreiro.
Neste acto lerán poemas do libro que se presenta, o poeta viveirense e autor do prólogo Xaime Oroza, e o propio autor J.J. Martínez Ferreiro. As lecturas estarán acompañadas da música de acordeón interpretada por Narciso Simón Rúa, e á percusión por Irene Rivas.
Ao final da lectura terá lugar unha charla coloquio sobre a poesía en particular e a literatura en xeral.
A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho presentou esta tarde o novo modelo de carné e as vantaxes do novo sistema de xestión de fondos da Rede de Bibliotecas de Galicia. Compareceron o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e a bibliotecaria Mª Jesús Rañón.
Graña explicou que “con este novo modelo de carné pódese acceder aos fondos de todas as bibliotecas que se incorporarán ao novo sistema de xestión da Rede de Bibliotecas de Galicia. Así, se alguén se desprazara ata a Biblioteca Nodal de Lugo, ou da Coruña, por poñer dous exemplos, poderían facelo co mesmo carné, sen necesidade de dispoñer dun específico para cada unha das bibliotecas que conforman a rede. Se unha moza se desprazara temporalmente a traballar a Vigo, ou un mozo que fora estudar á Coruña, xa non precisarían facer o correspondente carné en candasúa Biblioteca. Agora somos...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes, editou un álbum de cromos no que os protagonistas son os alumnos das escolas deportivas municipais e os membros dos diferentes clubes do municipio.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron esta mañá, na sala de xuntas do consistorio, os manuais, compostos por unha vintena de páxinas, e os cromos, nos que están representados máis de 300 deportistas.
O rexedor sinalou que ”pensamos neste formato porque nos parece unha forma diferente e orixinal para dar a coñecer e difundir a oferta deportiva do noso Concello, que abrangue multitude de disciplinas”; ao tempo que esta plataforma pretende ser unha homenaxe a todos aqueles, pequenos e maiores, que practican deporte no noso Concello, coa idea de que esa filosofía se...
leer másTrátase dun estudo histórico feito polo Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Abel Vigo García. Este estudo, titulado O Valadouro: Prehistoria e Historia Antiga, está promovido polo coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e axuda a sistematizar a Prehistoria e a Historia Antiga do Valadouro.
O libro, con arredor de setenta páxinas, fai un percorrido ilustrado con fotografías das primeiras etapas históricas pola zona de Alfoz e O Valadouro, e inicia tamén unha nova etapa nos cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro.
A presentación, que terá lugar o domingo 25 de febreiro, será ás 19:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro. Estarán presentes o autor, Abel Vigo García, o coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e o presidente do Seminario, Pepe Peinó.
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 26 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, a presentación do libro “A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega”, no que tomará a palabra o autor do volume Xosé Ramón Veiga Alonso.
“A antiga provincia de Mondoñedo. Poder e política na Galiza vilega” é unha investigación histórica sobre as décadas finais da antiga provincia de Mondoñedo, concretamente entre 1780 e 1833, reparando nos feitos históricos de máis relevo, como poden ser a guerra do francés, o trienio liberal ou os anos finais do goberno de Fernando VII.
O volume achega nova e descoñecida información sobre as localidades da comarca nese período, sendo o seu autor, o investigador focego Xosé Ramón Veiga Alonso. Profesor da USC, é un dos mais destacados investigadores do...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 18 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, a presentación do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, no que tomarán a palabra os autores do volume Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo.
Segundo os organizadores “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio é unha investigación histórica sobre o roubo do Pazo de Meirás pola familia do ditador Francisco Franco, sinalando os procedementos seguidos para facerse irregularmente coa propiedade e as presións para obrigar, mediante sancións económicas, ás galegas e galegos a achegar os fondos para o mesmo”.
E engaden que “o volume achega ao tempo un estudo sobre a represión económica no franquismo, facendo un percorrido por casos semellantes aos do Pazo de Meirás ao longo da xeografía galega así como das...
leer más