Libros

Etiquetas:
30/05/2018

A AVV O Tesón organiza o próximo sábado, 2 de xuño, a presentación do libro José María Rodríguez Díaz In Memoriam. Terá lugar na Casa do Mar de Ribadeo ás 19:30 horas.

O libro recolle dúas obras de José María Rodríguez Díaz, Semblanza de un guerrillero: Luis María Trigo Chao (El Guardarríos) e Don Secundino Martínez Montenegro (O cura vello de Ribadeo), xunto con textos introdutorios á súa vida e unha relación de artigos dos seus últimos anos.

Na presentación haberá unha mesa redonda sobre a figura de José María Rodríguez Díaz, na que participarán a súa filla, Marta Rodríguez Sampedro; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia; o veciño da comisión da residencia de maiores José Antonio Ares Taboada; o presidente de O Tesón, Pancho Campos Dorado; e o presidente de Os Aventados, Pablo Mosquera Mata.

Etiquetas:
14/05/2018

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o editor Manuel López Martínez de Gráficas Lar, e o autor Paco R.Salgueiro, presentaron na Casa Escola desta parroquia “Galdo, o que queda na memoria”, unha publicacióncoa que colabora o Goberno da Deputación.

No acto tamén estiveron presentes o Alcalde de Burela e Presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense, Alfredo Llano García, así como membros da corporación municipal, ademais do Presidente da Asociación de Veciños do Camiño de Galdo, Francisco Rivera. O Presidente dixo que “a parroquia de Galdo vive un momento histórico. Hoxe preséntase unha edición coa recompilación de gran parte da súa historia. Pero o que é mais importante, un libro que pon cara, cor e calor con nomes, apelidos e alcumes dos seus protagonistas”.

... leer más
Etiquetas:
24/04/2018

A delegación de Cultura do Concello de Cervo, que dirixe Dolores García Caramés, organiza con motivo do Día do Libro, uns obradoiros de escritura e debuxo durante a fin de semana, dirixidos ao alumnado de infantil e primaria.

O sábado, 28 de abril, o taller desenvolverase na Biblioteca de San Ciprián, ás 12:00 horas; e o domingo na Biblioteca de Cervo, a esa mesma hora.

Os nenos e nenas poderán presentar os traballos que elaboren eses días ao Certame convocado con motivo do Día das Letras Galegas que está baseado na temática "como cambiou o conto" ou "como darlle a volta ao conto tradicional", por exemplo o lobo vexetariano, a caperuchiña feroz, unha bela que nunca dorme...

 

Etiquetas:
23/04/2018

O Concello de Lourenzá organiza unha actuación de contacontos para celebrar o Día do Libro este venres, día 27.

O concelleiro Manuel Arango Ron anunciou que “este venres, 27 de abril, co gallo de celebrar o Día do Libro a Concellería de Cultura organiza a actuación dunha contacontos, Celtia Figueira Ramas, co espectáculo Contacontos na primavera. Será no salón de actos do Concello ás 18:30 horas e está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos”.

 

Etiquetas:
11/04/2018

Librería Bahía en Foz organiza a presentación e sesión de contacontos do conto Carlitos, el mago de la mente. Terá lugar este sábado, 14 de abril, ás 12:00 horas.

Estarán presentes a autora, Ana Isabel Fraga, e a ilustradora do libro, Olga María Fraga.
Ana Isabel Fraga, nacida en Asturias en 1974, é coach e educadora de padres e aula, e decidiu utilizar a súa paixón pola escritura para contar historias que axuden tanto a nenos como a adultos, a entenderse mellor.

En Carlitos, el mago de la mente a autora explica como enfrontarse ao medo aos monstruos.

 

Etiquetas:
11/04/2018

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza este venres, 13 de abril, a presentación do libro Invisibles. Relatos do maltrato. O acto terá lugar na Casa das Letras de Ribadeo e dará comezo ás 20:00 horas.

Estarán presentes a autora, Montse Fajardo, e a concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra, Carmen Fouces.

Invisibles é o terceiro libro da xornalista Montse Fajardo, e narra sete historias reais do maltrato sufrido por sete mulleres, dúas das cales foron asasinadas, coas que visibilizar ás víctimas da violencia machista.

 

Etiquetas:
06/04/2018

A edil de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, anunciou que este vindeiro domingo, 8 de abril, terá lugar un obradoiro para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil.

Caramés explicou que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, e que se desenvolverá desde as 17:30 horas na biblioteca da Casa da Cultura, en San Ciprián.

Etiquetas:
04/04/2018

Na Librería Bahía celebrarán o día do libro infantil este sábado, 7 de abri,l ás 12 da mañá.
Desde este establecemento sinalan que “farémolo cunha actividade moi interesante que vai levar a cabo Munia Quiroga, escritora e ilustradora de contos infantís, da veciña Asturias, en concreto de Xixón”.

Munia Quiroga, que asina a súa obra como Nelo Polichi, vai presentar o seu conto Cuando las grullas bailaron swing e a continuación fará un obradoiro de ilustración coas nenas e nenos que asistan á actividade.

Desde Librería Bahía explican que “Munia traballa con todo tipo de material, ademais dos máis convencionais como pinceis, usa bastoncillos, corchos, algodón, pinzas da roupa, palillos de madeira, rodillos de amasar, rodas de cortar pizza, lá, etc. Desenvolve os seus obradoiros sobre todo en Asturias. Están...

leer más
Etiquetas:
25/03/2018

O complexo cultural RegalXunqueira en Viveiro acolle o martes, 27 de marzo, a presentación do último libro do actor Pepe Viyuela. O acto dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no auditorio do Regal Xunqueira.

Ademais inaugurarase unha exposición de pinturas e ilustracións dos libros La baba del caracol de Carlos Boves e Bare nostrum de Ezequías Blanco e Evaristo Delgado. Esta mostra permanecerá ata mediados do mes de abril.

 

Etiquetas:
20/03/2018

A Delegación de Turismo e Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo organiza o mércores, 21 de marzo, ás 17:00 horas, un roteiro guiado orientado a profesionais do sector hostaleiro polo patrimonio civil e relixioso da vila co fin de afondar nos coñecementos sobre o patrimonio local.

O 22 de marzo ás 20:30 horas na Casa das Letras, a Asociación Cultural Francisco Lanza presenta Mar…Usia. Relatos Salpresados de Paco Rivas.

O 23 de marzo ás 10:00 horas no IES Dionisio Gamallo, dentro do ciclo IES Literarios con…, Eva Mejuto presentará a súa novela 22 segundos na que trata o tema da transexualidade na adolescencia.

E o 28 de marzo, ás 17:00 e ás 18:00 horas, dentro do programa Apego, terá lugar o espectáculo Percubebé para nenas e nenos que teñan entre 0 e 3 aniños. Cada sesión dura 40...

leer más