Libros
20/02/2015
As concelleiras de Muller e Igualdade e Cultura, Diana Durán e Mónica Pedre, explican que “continuando coa actuación iniciada polo Concello o pasado 30 de xaneiro coa actividade Que bela te deu Deus!, espectáculo de baladas galegas interpretadas pola soprano Esperanza Iglesias Méndez e polo pianista Aurelio Chao Fernández, o vindeiro luns, 23 de febreiro, seguiremos rendéndolle homenaxe a Rosalía de Castro e contaremos coa presencia de María Reimóndez, traductora e escritora galega, que cultiva tanto a narrativa e a poesía como o ensaio e o teatro. Ven a Burela a presentar un dos seus libros: Lía e as zapatillas de deporte, co que se acadan dous obxectivos: traballar a non discriminación entre a xente máis nova e como muller galega e escritora, renderlle homenaxe a Rosalía de Castro, promovendo, deste xeito, a...
leer más 19/02/2015
O Concello de Foz, a través da biblioteca pública municipal, organiza a Programación das Letras para conmemorar o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, e o Día das Letras Galegas, que é o 17 de maio.
O primeiro acto da programación será o denominado Rosalía nas Ondas, en colaboración con Radio Foz, que se desenvolverá o vindeiro martes, día 24 de febreiro, de 17 a 19 horas.
O sábado 7 de marzo ás 20 horas haberá o Festival dos Namorados, no que actuará o dúo do violinista Mijail Moriatov, que estará acompañado por un violonchelista e ofrecerá un concerto con música de F. Schubert, G. Verdi e J. Brahms. No mesmo acto entregaranse os premios aos galardoados no XIV Certame de Poemas de Amor.
... leer más 09/02/2015
O Centro Comarcal de Mondoñedo acollerá o vindeiro venres, 13 de febreiro, ás 20:30 horas a presentación do libro Consejos de Guerra contra el Clero Vasco (1936-1944). La iglesia vasca vencida, do que é autor Anxo Ferreiro Currás.
No acto, no que se dará “outra visión pouco coñecida da posguerra” intervirán: Xulio Xiz, xornalista, produtor e animador cultural galego; Xosé Manuel Carballo, cura de varias parroquias de Castro de Rei e escritor; Rosa Cal Martínez, ex profesora de Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid e investigadora; e o autor do libro, Anxo Ferreiro Currás.
03/12/2014
El libro dedicado a los atractivos turísticos de la provincia de Lugo La playa de Las Catedrales y sus entornos, cuyos autores son los periodistas Carmen Cruzado y Beni Mántaras, acaba de ponerse a la venta en el Parador de Turismo de Ribadeo. Este establecimiento tiene la publicación en el espacio dedicado a recuerdos de esta zona para sus clientes. El libro puede comprarse en una veintena de establecimientos de A Mariña, Lugo y Monforte de Lemos y también por internet, concretamente a través de la página web de la Librería Bahía, de Foz, que tiene tienda on line: www.libreriabahia.com.
La playa de Las Catedrales y sus entornos es un libro de 160 páginas con otras tantas fotografías y textos (en gallego y castellano) dedicados a...
leer más