Libros
15/01/2016
A asociación cultural A Pomba do Arco, no seu afán por dar a coñecer a nosa cultura, vai presentar en Foz, o venres día 22, ás 20.30 na libraría Bahía o libro de Manuel Rodríguez titulado A viaxe á fin do mundo, editado pola editorial Bolanda.
O autor Manuel Rodríguez é xornalista e doutor en Ciencias da Información. Realiza o seu traballo na Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo dende o ano 1992. Anteriormente estivera traballando en medios de comunicación da Mariña, O Progreso, A Voz de Galicia, Antena 3 Radio de Galicia
A súa obra literaria está enfocada cara as súas dúas pasións: O mundo xacobeo e o mundo da radio. Sobre esta última pasión publicou no ano 2003 un libro titulado Noticias de Galicia na radio de fin de século.
Sobre o mundo xacobeo ten publicados un gran número de artigos periodísticos e varios libros entre os...
leer más 08/12/2015
O primeiro libro de Pepe Peinó, Escombros, moitos escombros, editado por Finisterrae Ediciones, será presentado o vindeiro 12 de decembro en Finca Galega (Alfoz) ás 18 horas. Intervirá, ademais, do propio autor, Lionel Rexes, escritor e membro do Seminario de Estudos do Valadouro, e José Castro, director da editora.
Ademais, a presentación da novela estará amenizada polas actuacións musicais e teatrais de Jorge Oliveira, concertista e compositor; Miriam Vivero, cantante e actriz, e o Grupo Humorístico Trípode (Antonio Jesús Lorenzo Cachín e Alberto Níñez).
26/11/2015
Este venres, 27 de novembro, ás oito e media da tarde, preséntase na Librería Bahía, en Foz, a novela “O coitelo de pedra fundida”, de Francisco Antonio Vidal.
Segundo explican desde Bahía “trátase dunha historia de misterio ambientada na época celta, na que se mestura a intriga e a crítica ao poder relixioso. O autor é asiduo colaborador en distintos medios da prensa diaria. E autor de novelas coas que acadou varios premios, como o Avilés de Taramancos ou o premio Concello de Viveiro no ano 2003, e tamén ten publicados ensaios nomeadamente sobre a figura de Manuel Murguía”.
12/11/2015
O18 de novembro, comezou na biblioteca municipal de Lourenzá o programa de actividades de animación á lectura que este centro organiza para nenos e nenas de tres a sete anos de idade.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, sinala que “debido á alta participación, que ascende a 20 cativos, e a que os asistentes son de idades diferentes, vanse realizar grupos, quedando as actividades a realizar para as tardes dos mércores e xoves”.
López destacou tamén que “con este programa preténdese inculcar o interese polo mundo da lectura dende as primeiras etapas dos nenos e nenas. Para iso levaranse a cabo unha serie de técnicas adaptadas a cada idade, onde o xogo e a narración oral dos contos van ter un papel moi importante. Tamén se pretende dar a coñecer unhas pautas ós...
leer más 03/11/2015
O vindeiro sábado, 7 de novembro, ás 12 da mañá terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a presentación do libro “El dilema de Spallanzani y otras curiosidades de los murciélagos”, do biólogo Roberto X. Hermida. Estará acompañado pola profesora Teresa Nécega. E a continuación charla-proxección sobre As Covas do Rei Centolo, a cargo de Gonzalo Villarmea.
Desde a Librería Bahía sinalan que “ás veces, o que temos máis preto é o que menos coñecemos… Este sábado, día 7 de novembro, propoñémosvos dende a Librería Bahía unha xornada para descubrir morcegos e covas.
Apetécevos abrir os ollos e os oídos a estas dúas realidades tan próximas?”.
Estas actividades, que se desenvolverán pola mañá son libres e...
leer más 27/10/2015
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza a presentación do libro Historia de Odoyno, de Antonio Rodíguez Baixeras. O acto terá lugar este venres, 30 de outubro, ás 20:30 horas na Librería Bahía, en Foz.
O autor do libro, Antonio Rodríguez Baixeras, xa ten editado varios libros anteriormente como a novela O rei dos Ameneiros ou unha interesante biografía sobre Alexander Hamilton, un dos país da independencia norteamericana. A súa profesión como docente levouno á escribir, como coautor, varios libros de texto de ciencias sociais.
Este libro que se presente é froito de moito tempo traballando sobre o tema da vida, da obra e do legado de Odoino.
O protagonista deste libro é un monxe galego...
leer más 22/10/2015
O vindeiro 24 de outubro é o día da Biblioteca, “co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas e nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas, a Biblioteca de Burela únese a esta data co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos , para elo contaremos este día coa actuación de Magín Blanco e o seu espectáculo Libros en-cantados”.
Desde a Biblioteca de Burela sinalan que “un ano máis e dentro do programa de Ler conta moito que a Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pon a disposición das Bibliotecas Galegas unhas actividades de dinaminación da lectura, e nós contaremos con Magín Blanco e as súas historias”.
... leer más 21/10/2015
Este venres, 23 de outubro, ás oito e media da tarde estará na Librería Bahía a escritora mindoniense Marina Mayoral para presentar a súa última novela El abrazo. Acompañará á autora neste acto o tamén escritor mindoniense Armando Requeixo.
E o sábado, 24 de outubro, ás doce da mañá o escritor brasileiro afincado en Galicia Sergio Tannus dará un concerto-presentación do seu libro-disco infantil Alegría.
07/10/2015
Os xoves 8 e 15 de outubro, ás 18 horas a Librería Bahía, de Foz, acolle a actividade "Vén xogar co abecedario", actividade para nenas e nenos a partir de 3 anos. A proposta está baseada no libro O Abecedario, que edita a Mesa pola Normalización Lingüística e contará coa presenza de Mónica Pazos, responsable da actividade.
A entrada é de balde e hai prazas limitadas. Hai que inscribirse na librería ou no teléfono 982140434.
15/09/2015
A Casa do Forno de Celeiro será escenario este xoves, ás 20:30 horas, de Océano para terrícolas, unha performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro “Contos do Mar de Irlanda”. O acto está organizado polo colectivo Chilindrín Penalba e será presentado por Bernardo Fraga.
Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar.
Descubriu tamén que esta ausencia de océano era común á inmensa maioría das súas veciñas e veciños.
Decidiu facer algo elemental: preguntar no seu entorno, e axiña apareceron mariñeiros e vellos patróns por todos os curruchos. Un universo –sustento económico da nosa realidade- absolutamente descoñecido para o...
leer más