Libros
29/04/2016
Con motivo de la III Fiesta Indiana, que se va a celebrar en Ribadeo del 8 al 10 de julio, Faro Norte Comunicación va a editar el segundo número de A Gaceta Ribadense, una publicación como los periódicos que había durante la época de esplendor indiano, a comienzos del siglo XX: en blanco y negro, con el mismo diseño, tipografías, estilo y tipo de publicidad (con mucha literatura y poesía). Pero los artículos y los anunciantes serán actuales.
Como en el primer número, publicado para la Fiesta Indiana de 2015, se editarán 3.000 ejemplares que se distribuirán gratuitamente antes y durante la Fiesta Indiana en los establecimientos que se anuncien en la publicación y también en las librerías y puntos de venta de prensa de Ribadeo. Además habrá una persona repartiéndolos por las calles.
La publicación A Gaceta Ribadense cuenta con el...
leer más 22/04/2016
O Concello organiza distintos actos con motivo da celebración do Día do Libro e agasallará ás persoas que visiten estes días a Biblioteca Municipal cuns marca páxinas, segundo deu a coñecer Farruco Graña.
O edil nacionalista manifestou que “cada vez máis debemos celebralo dun xeito especial. Días do libro hai trescentos sesenta e cinco ao ano, e é ben certo que este sábado, 23 de abril, aproveitaremos para destacar a festa do libro. Desde o Concello de Ribadeo quixemos sumarnos a esta celebración cunha mensaxe institucional breve e moi sinxela Vive lendo, le vivindo”.
O responsable de Cultura: “é bo que a lectura forme parte do noso día a día e...
leer más 20/04/2016
A Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, acollerá este venres, día 22, ás oito da tarde a presentación de dous libros de Paco Rivas. Son as publicacións tituladas Entre o abalo e a zaranda. Dicionario Léxico do Mar e De punta a chicote. Así falan os mariñaos.
O acto, que está organizado polo Concello de Foz e Edicións do Cumio, contará coas intervencións da concelleira de Cultura focense, Silvia Blach; o prologuista, Francisco Fernández Rei; o autor Paco Rivas; o editor, Cándido Meixide Figueiras; e os mariñeiros Ton de Chao e Ricardo (Ridó).
Este evento forma parte da programación promovida pola biblioteca municipal de Foz para celebrar o Día do...
leer más 20/04/2016
"Os versos florecidos en Louvanza de Foz" foron escritos por Manuel María para os I Xogos Florais de Foz no ano 1966, e gañaron aquel premio. A Librería Bahía editou ao ano seguinte aqueles poemas e reeditounos no ano 1983 para celebrar o 30 aniversario da Librería.
Desde Bahía explican que “este ano en que se lle dedican as Letras Galegas a Manuel María e que se cumpren 50 anos da edición daquel poemario, quixemos recuperar esta obra dándolle un novo valor. Para isto pedimos a colaboración de varios artistas da Mariña que ilustraron os poemas, así esta nova edición vai ilustrada con obras de Juanel Ponte, Caxigueiro, Xosé Vizoso, Xosé Branco, Nachok e Lucía Vila, que colaboraron de forma totalmente desinteresada para que este...
leer más 15/04/2016
O Concello de Lourenzá programa diversas actividades para celebrar o Día do Libro na biblioteca municipal e no centro de día para maiores na xornada do 22 deste mes, venres.
Ás 12 do mediodía na biblioteca municipal haberá o espectáculo infantil Bibliocanta, a cargo de Chío Couto Rendo. Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
E ás catro e media da tarde no centro de día terán lugar lecturas musicadas da obra do escritor Manuel María.
Ademais ese día na biblioteca municipal os asistentes serán agasallados cuns marcadores.
30/03/2016
A Librería Bahía de Foz celebrará o día do libro infantil e xuvenil cunha actividade destinada a nenas e nenos a partires de 4 anos. Versará sobre o libro “Sin título” e contará coa presenza de Paz Quiroga e Rosa López. As prazas son limitadas, polo que se precisa inscrición previa. Será ás 12 do mediodía.
Desde a Librería Bahía explican que coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen cada ano o 2 de abril conmemórase o día do libro infantil e xuvenil.
07/03/2016
A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) vai editar unha publicación turística dedicada aos principais atractivos do norte da provincia de Lugo. Será escrita totalmente en inglés porque o seu principal obxectivo é promover esta zona en varios países, onde a guía será distribuída polos membros deste colectivo con motivo das numerosas viaxes formativas que realizan. Concretamente para os vindeiros meses teñen programadas visitas a varias zonas de 14 países: Alemaña, Portugal, Francia, Italia, República Checa, Dinamarca, Holanda, Estonia, Croacia, Romanía, Polonia, Finlandia, Suecia e Austria.
Durante a súa estancia neses lugares os membros de APAGA visitarán centros educativos, Concellos, cámaras de comercio e...
leer más 23/02/2016
Este venres, 26 de febreiro, ás oito e media da tarde na Librería Bahía preséntase o libro “Caboverdianas en Burela”, de Luzia Oca editado por Sotelo Blanco. Acompañará á autora na súa presentación Catalina Sanchez, gran coñecedora da realidade Caboverdiana.
O libro é froito da tese do mesmo título que a súa autora defendeu na Universidade de Santiago de Compostela e que foi avaliada con sobresaliente cum laude. A obra foi merecente do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais na edición do 2015.
Ao longo de quince anos de traballo Luzia Oca González analizou a vida das mulleres caboverdianas que están asentadas en Burela dende o ano 1978. A...
leer más 22/02/2016
O vindeiro sábado, 27 de febreiro, ás 18 horas no salón de conferencias da antiga biblioteca terá lugar a presentación do libro Caboverdianas en Burela, do que é autora Luzia Oca González, segundo informa a Concellería de Emigración e Cooperación de Burela.
Luzia Oca analiza aspectos como a migración, as relacións de xénero e a intervención social deste colectivo, o das mulleres caboverdianas que viven en Burela, desde 1978 a 2008.
A obra, que foi galardoada co premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2014, foi presentada hai uns días en Santiago de Compostela.
16/02/2016
“Magia en las Estrellas” é o título da última novela da autora mariñana Raquel Rey. O libro preséntase este venres ás oito e media da tarde na Librería Bahía, en Foz.
A escritora que asina co pseudónimo de Elizabeth Bowman, estará acompañada polos profesores Antón Niñe e Bernardo Penabade. Raquel Rey ten publicadas varias novelas, pero esta é a primeira que se pode mercar en España xa que as anteriores foron publicadas por editoriais hispanoamericanas.