Libros
Esta semana a Librería Bahía, de Foz, acollerá dúas actividades, coma sempre sobre libros e escritores, unha dirixida ao público adulto e outra dirixida ao público infantil.
A primeira actividade é un coloquio co escritor Manuel Portas entorno á súa novela LourenÇo Xograr. “Titúlase Descubrindo Lourenço Xograr con Manuel Portas, e forma parte do programa de coloquios con escritores que estamos realizando en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco. Será o venres, día 10, ás oito e media da tarde”, explican desde a Librería Bahía.
E engaden que “a novela é unha recreación da vida de Lourenço, un xograr do século XIII cuxa principal ansia é converterse en trobador, status maior dentro da arte poético-musical da época (a de esplendor da lírica galega ou portuguesa). Na primeira parte, imos coñecendo...
leer más