Publicaciones
12/11/2015
O18 de novembro, comezou na biblioteca municipal de Lourenzá o programa de actividades de animación á lectura que este centro organiza para nenos e nenas de tres a sete anos de idade.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, sinala que “debido á alta participación, que ascende a 20 cativos, e a que os asistentes son de idades diferentes, vanse realizar grupos, quedando as actividades a realizar para as tardes dos mércores e xoves”.
López destacou tamén que “con este programa preténdese inculcar o interese polo mundo da lectura dende as primeiras etapas dos nenos e nenas. Para iso levaranse a cabo unha serie de técnicas adaptadas a cada idade, onde o xogo e a narración oral dos contos van ter un papel moi importante. Tamén se pretende dar a coñecer unhas pautas ós...
leer más 03/11/2015
O vindeiro sábado, 7 de novembro, ás 12 da mañá terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a presentación do libro “El dilema de Spallanzani y otras curiosidades de los murciélagos”, do biólogo Roberto X. Hermida. Estará acompañado pola profesora Teresa Nécega. E a continuación charla-proxección sobre As Covas do Rei Centolo, a cargo de Gonzalo Villarmea.
Desde a Librería Bahía sinalan que “ás veces, o que temos máis preto é o que menos coñecemos… Este sábado, día 7 de novembro, propoñémosvos dende a Librería Bahía unha xornada para descubrir morcegos e covas.
Apetécevos abrir os ollos e os oídos a estas dúas realidades tan próximas?”.
Estas actividades, que se desenvolverán pola mañá son libres e...
leer más 27/10/2015
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza a presentación do libro Historia de Odoyno, de Antonio Rodíguez Baixeras. O acto terá lugar este venres, 30 de outubro, ás 20:30 horas na Librería Bahía, en Foz.
O autor do libro, Antonio Rodríguez Baixeras, xa ten editado varios libros anteriormente como a novela O rei dos Ameneiros ou unha interesante biografía sobre Alexander Hamilton, un dos país da independencia norteamericana. A súa profesión como docente levouno á escribir, como coautor, varios libros de texto de ciencias sociais.
Este libro que se presente é froito de moito tempo traballando sobre o tema da vida, da obra e do legado de Odoino.
O protagonista deste libro é un monxe galego...
leer más 22/10/2015
O vindeiro 24 de outubro é o día da Biblioteca, “co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas e nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas, a Biblioteca de Burela únese a esta data co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos , para elo contaremos este día coa actuación de Magín Blanco e o seu espectáculo Libros en-cantados”.
Desde a Biblioteca de Burela sinalan que “un ano máis e dentro do programa de Ler conta moito que a Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pon a disposición das Bibliotecas Galegas unhas actividades de dinaminación da lectura, e nós contaremos con Magín Blanco e as súas historias”.
... leer más 21/10/2015
Este venres, 23 de outubro, ás oito e media da tarde estará na Librería Bahía a escritora mindoniense Marina Mayoral para presentar a súa última novela El abrazo. Acompañará á autora neste acto o tamén escritor mindoniense Armando Requeixo.
E o sábado, 24 de outubro, ás doce da mañá o escritor brasileiro afincado en Galicia Sergio Tannus dará un concerto-presentación do seu libro-disco infantil Alegría.
07/10/2015
Os xoves 8 e 15 de outubro, ás 18 horas a Librería Bahía, de Foz, acolle a actividade "Vén xogar co abecedario", actividade para nenas e nenos a partir de 3 anos. A proposta está baseada no libro O Abecedario, que edita a Mesa pola Normalización Lingüística e contará coa presenza de Mónica Pazos, responsable da actividade.
A entrada é de balde e hai prazas limitadas. Hai que inscribirse na librería ou no teléfono 982140434.
15/09/2015
A Casa do Forno de Celeiro será escenario este xoves, ás 20:30 horas, de Océano para terrícolas, unha performance interactiva de Xurxo Souto sobre o libro “Contos do Mar de Irlanda”. O acto está organizado polo colectivo Chilindrín Penalba e será presentado por Bernardo Fraga.
Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. A pesar de vivir nunha cidade-barco, A Coruña, nunca ninguén lle tiña falado do mar.
Descubriu tamén que esta ausencia de océano era común á inmensa maioría das súas veciñas e veciños.
Decidiu facer algo elemental: preguntar no seu entorno, e axiña apareceron mariñeiros e vellos patróns por todos os curruchos. Un universo –sustento económico da nosa realidade- absolutamente descoñecido para o...
leer más 26/08/2015
A actriz Belinda Washington asistirá á inauguración da I Feira do Libro de Burela o próximo sábado, 29 de agosto, ás 12:30 horas para apoiar esta nova iniciativa cultural na Mariña. Anunciouno o concelleiro de Cultura, José Díaz, que agradece a presenza da actriz e presentadora así como “su apoyo constante y desinteresado a la cultura de esta comarca por la que siente predilección y en la que pasa largas temporadas, ya que desde hace años cuenta con casa en Trabada”.
A esa hora ás 12:30 do sábado terá lugar tamén a lectura do pregón a cargo de Marta Sanz, novelista e poeta, finalista do premio Nadal, galardoada cos premios Tigre Juan e Ollo Crítico de Narrativa.
O edil socialista destacou tamén a presenza de Francisco Narla na...
leer más 20/08/2015
Burela celebrará a súa Feira do Libro os días 29 e 30 deste mes con actividades paralelas dirixidas a todos os públicos. Será inaugurada pola escritora Marta Sanz e polo concelleiro de Cultura e tamén autor de varios libros José Díaz.
A véspera, o día 28, ábrese unha exposición paralela que se poderá ver todo o mes de setembro, sobre o conto de Carapuchiña Vermella, “pero cunha versión atrevida, transgresora e de gran calidade a cargo da pintora ourensana Mónica Filgueira, detrás da que se atopa o proxecto Mof la sinvergüenza, que triunfa confeccionando paraugas pintados por ela, entre outros obxectos”, segundo explican desde o Concello burelés. A artista amosa o seu traballo na web http://www.moflasinverguenza.com/blog/...
leer más 14/08/2015
Este sábado, 15 de agosto, as 19:30 horas, presentarase na Feira do Libro de Viveiro o libro “Traca-Traco” con 24 nanas, un aloumiño e un arolo da editorial Cumio. O libro conten 30 ilustracións e a portada a todo color de Otero Regal e outros tantos pequenos poemas e letras de cancions de Paco Rivas, e un CD con música e as partituras das cancións nas que participan mais de 30 músicos galegos, dos que cabe destacar a participación de Fuxan os ventos, Moncho Díaz, Juan Carlos García, Laura Blanca de la Barrera… entre outros.
Na presentación estará Paco Rivas, autor dos poemas, Otero Regal, autor das ilustracions, o editor de Cumio, e algún dos músicos que participaron no proxecto, incluiso quizais Paco Rivas se anime a cantar alguna das nanas.
Está é quinta publicación na que colaboran Paco Rivas e Otero Regal, Paco Rivas cos textos e Otero Regal...
leer más