Teatro
29/02/2016
O Concello de Burela pon á venda mañá, martes, as entradas para o musical El Libro de la Selva, que se representará o vindeiro día 12 de marzo.
O edil de Cultura, José Díaz, lembrou que “ya teníamos la experiencia de Toy Story, que fue el primer musical que tuvimos aquí en agosto del año pasado y había tenido una respuesta muy buena. Eso nos hace seguir confiando en los musicales como género que atrae a nuestros vecinos y el 12 de marzo tenemos otro musical también de mucha calidad. Al mismo nivel de El Mago de Oz, de hecho compartieron en Madrid el Teatro Maravillas durante muchos meses. No es de la misma compañía, es otra compañía que se llama Musicales de Broadway, pero que también puedo asegurar que es contrastada porque tuve oportunidad de verlos en Madrid y es algo que va a gustar muchísimo”. José Díaz manifestou que “juegan no sólo con...
leer más 26/02/2016
Este domingo, 28 de febreiro, o Auditorio Municipal Hernán Naval acollerá o espectáculo "Xoga", da compañía Cía.Entremans. “Unha oportunidade para descubrir como eres e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza. Diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe desde a imaxinación ao coñecemento”, explican.
Aqueles e aquelas que necesiten sentir o ritmo teñen unha oportunidade única. O espectáculo comezará ás 17:30 horas con entrada única a 3 euros.
23/02/2016
O edil de Cultura, Farruco Graña, contou que “este mércores, 24 de febreiro, celebramos o 179 aniversario do nacemento da nosa poeta máis universal, Rosalía de Castro. Ao longo desta semana, celebraremos varios actos para conmemorar dito aniversario. E imos comezar cun recital poético a cargo de Xavier R. Baixeras, dedicado a Rosalía: Lecturas rosalianas. Será na Casa das Letras, o 25 de febreiro, ás 20:30 horas. Tal e como xa temos gozado moitas veces da literatura da man do Clube de Lectura da A. C. Francisco Lanza, e tamén dos versos de Rosalía, da man do noso poeta e amigo Xavier, nesta ocasión, unha vez máis, a Casa das Letras vai dar acollida aos versos da poeta do Sar”.
O concelleiro nacionalista explicou que “xa o sábado 27...
leer más 16/02/2016
A compañía Sarabela Teatro presenta este domingo, 21 de febreiro, en Ribadeo a súa última montaxe, unha versión da obra “Ensaio sobre a cegueira”. A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Ribadeo ás oito e media da tarde.
Esta adaptación da famosa novela do premio Nobel José Saramago ven percorrendo os escenarios de Galicia dende o pasado mes de setembro. Está dirixida por Ánxeles Cuña e interpretada por Fina Calleja, Sabela Gago, Vicente Montoto, Fernando Dacosta, Xavier Estévez, Josito Porto, Elena Seijo, Nate Borrajo e Jorge Casas.
Esta representación inclúese nas actividades programadas para este mes de febreiro pola Concellaría de...
leer más 16/02/2016
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o sábado a representación de “Xoga”, a cargo de Entremans. O espectáculo de danza contemporánea, dirixido a nen@s de máis de 3 anos, durará 50 minutos. Será ás 18:00 horas.
"Xoga" é un espectáculo para descubrir como es e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza, diversión, unión e espectáculo, unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.
09/02/2016
Será no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas. Trátase dunha comedia duns 70 minutos de duración e destinada a un público adulto.
“Descansa en paz” é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor”. Mostra unha situación ben recoñecible polo espectador, pero aínda hai algo que a fai moito máis singular, a herdanza dunha nai que aínda non está morta.
28/01/2016
O Goberno local do Concello de Mondoñedo dá comezo este sábado 30 de xaneiro ao ciclo de teatrodedicado á figura da actriz Manuela Rei. Os últimos sábados de cada mes de 2016 haberá unha función artística, cuxa entrada será gratuíta,ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
A obra deste sábado 30 de xaneiro, ás 20:30 horas no Auditorio Pascual veiga, correrá a cargo da Compañía de Teatro "Os Axouxeres" de Vilaronte, que representarán a peza baixo o título de "As farturas do Servando" de Tito Casado.
“Con esta serie de actividades culturais o Concello pretende por en valor a figura desta mindoniense ilustre que apostou polo teatro, e promocionar así unha persoaxe mindoniense menos coñecida”, explicou o concelleiro de...
leer más 26/01/2016
A Concellería de Cultura seguirá a apostar no primeiro trimestre deste 2016 polo cine os domingos e polo teatro afeccionado. José Díaz destaca como pratos fortes o concerto de María do Ceo do 14 de febreiro, un par de musicais (un en febreiro e outro en marzo): Mago de Oz e El libro de la Selva e tamén a presenza de David Amor coa obra Amigos ata a morte o 4 de marzo.
O edil socialista dixo: “seguimos apostando por el cine de los domingos, que está teniendo mucho éxito, y también por el teatro aficionado, para lo que seguiremos contando con grupos de A Mariña sobre todo las noches de los viernes. También habrá programación para los niños durante varios sábados, con magia, títeres y teatro infantil. Quiero destacar también la actuación de María do Ceo, que será el 14 de...
leer más 21/01/2016
Será ás 20:30 horas no Cine Teatro. E o prezo da entrada será de 3 euros.
A obra de teatro de Mariñán, de Betanzos, poderase ver en Ribadeo esta fin de semana. “A peza vai de dous cuñados, de Gustavo Adolfo Bécquer, do Bolero de Ravel, dun corte de pelo, das chaves do trasteiro, duns coreanos, dunha piscina en Cuenca, dun embarazo desexado con estrés prenatal, de complexas relacións de familia arredor un bufé marroquí. En definitiva, do que ocorre cando nos poñemos a falar e sacamos todo o que levamos agochado dentro”, sinalan dende a propia formación.
20/01/2016
Este sábado, 23 de xaneiro, ás 16:00h. en Celeiro de Mariñaos haberá unha presentación da actividade. Posteriormente as nenas e nenos que o desexen poderán quedar a unha primeira sesión de portas abertas para coñecer o obradoiro.
Rubén Pérez e Brian Rodríguez, con experiencia e formación nos campos da interpretación e o audiovisual, son os coordinadores do proxecto “A Lanterna Máxica”, unha actividade que combina as vontades da literatura, o teatro e o cinema para ser ofrecida como alternativa de ocio e cultura, e que chega a Barreiros da man do Colectivo Cultural Ollomao.
Esta actividade deseñada nesta ocasión para a participación de público infantil, preferentemente de entre 6 e 12 anos, está pensada para que as nenas e nenos por...
leer más