Arqueoloxía
O vindeiro venres, 17 de setembro, ás sete da tarde será inaugurada na Oficina de Turismo a exposición O porto de Ribadeo.Testemuñas do pasado na que se poderán ver preto de 200 pezas localizadas na campaña arqueolóxica realizada no Galeón de Ribadeo e no antigo fondeadoiro portuario. A mostra permitirá demostrar a presenza continuada de navegantes e de buques na ría desde o século V antes de Cristo ata os nosos días e amosar a riqueza histórica do leito mariño ribadense. A exposición, que está organizada polo Concello de Ribadeo, foi presentada polo alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, e o comisario da mostra, Miguel San Claudio.
O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “estamos moi orgullosos e moi ilusionados de que, por primeira vez na historia, imos poder facer unha exposición con obxectos reais, máis aló...
leer másO vindeiro martes, 15 de decembro, ás 17 horas na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha charla coloquio sobre a prospección e as sondaxes arqueolóxicas valorativas no xacemento do Carreiro, en Marzán.
Este acto, xunto coas conferencias sobre este mesmo tema que se desenvolverán no IES de Foz, teñen como obxectivo poñer en valor os resultados das prospeccións promovidas polo goberno autonómico no xacemento do Carreiro, en Marzán, a carón mesmo do paseo marítimo entre Rapadoira e Llas. Cun patrimonio moi rico en castros e asentamentos de época prerromana e romana, Foz conta con xacementos tan coñecidos como o Castro de Fazouro. O achado neste caso de restos de cerámica permite situar as estruturas descubertas nun contexto histórico, o que facilitará o traballo dos investigadores.
A charla será dirixida polo...
leer másO Concello de Viveiro presentou as IV Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro, que se celebrarán do 9 ao 13 de novembro e que este ano, por motivo da pandemia da Covid-19, serán totalmente online a través da plataforma Zoom.
Na presentación estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; Jesús Fernández Fernández, 1º tenente de Alcalde e concelleiro do Mar; Antón López, delegado para a zona noroeste de España da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas), e Alejandro Prieto, Secretario da UNED de Lugo.
A inscrición será ata o 6 de novembro. Uns días antes do inicio das xornadas, remitirase ao correo electrónico dos participantes o enlace de Zoom para acceder ás sesións.
As xornadas inclúen un total de oito conferencias charlas, dúas delas de...
leer más








