Burela
O Pescados Rubén Burela FS estrea setembro coa campaña de socios 2018-19. Os carnés estarán disponibles dende hoxe na sede do club laranxa (Avda. Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela). Horario de atención: De luns a xoves (10.00-14.00//16.00-19.00) e venres (10.00-14.00).
Con Alma de Campións. Aposta por Nós!, no inicio da tempada máis ambiciosa da historia da Familia Laranxa, o club laranxa mantén as tarifas dos seus abonos e acceso gratuíto para os menores de 18 anos, tanto para os partidos de Primeira División RFEF coma de Segunda División LNFS.
O spot promocional, que a punto está de saír do forno, contou coa colaboración de socios/as, afeccionados, Xoias Laranxas da escola e vecinos espontáneos, xunto a patrocinadores e xogadores/as sénior.
Tarifas de socios/as para 2018...
leer másO Concello acolleu a presentación do cartel das Carreiras Solidarias Alas de Vida 2018. O 22 de setembro ás 16:30 horas serán o paseo solidario e a festa infantil a partir das 16:30 horas na praza da Mariña. A cota da inscrición será de 3 euros.
E o 23 de setembro, con saída tamén desde a praza da Mariña, terán lugar as carreiras cronometradas: 7 quilómetros, trail polo Monte Castelo de 14 quilómetros e as carreiras infantís. As cotas de inscrición oscilan entre os 7 e os 10 euros.
A cantidade recadada neste 5º Festival Benéfico Deportivo irá destinada á asociación Debra Piel de Mariposa.
No acto de presentación das Carreiras Solidarias Alas de Vida participaron o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Deportes e Servizos Sociais, Ramiro Fernández Rey e Patricia Otero, entre...
leer másA Casa da Cultura de Burela acolle ata o 6 de setembro a exposición de pintura Taras, de Mónica Filgueira Formoso.
A pintora Mónica Filgueira di que “las taras diseñan cárceles: prisiones que visten sus muros con fotos en blanco y celdas de barrotes tatuados con la palabra miedo. He conseguido escapar de muchas de ellas”.
A exposición permanecerá na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela ata o día 6 de setembro. Pódese visitar de luns a venres no horario da Casa da Cultura.
Esta é a segunda mostra que a artista plástica Mónica Filgueira Formoso, presenta en Burela.
O Centro Comercial Aberto de Burela lanza a súa campaña “Volta ao cole” á que están chamados todos os rapaces e rapazas burelenses menores de idade que queiran participar nun xogo da oca xigante que se instalará na praza da Mariña o día 7 de setembro.
A dinámica do xogo é moi sinxela o único que se ten que facer é gardar os tickets de compra dos locais asociados ao CCA Burela, e se suman máis de 10 euros en compra terán dereito a xogar unha partida.
O gañador ou gañadora de cada un dos xogos recibirá un lote de material escolar valorado en máis de 10 euros e un cheque de 20 euros para mercar material escolar nos comercios asociados. Todos os participantes recibiran un agasallo por participar na actividade, para que ninguén marche coas mans baleiras.
Está previsto que se fagan un máximo...
leer másDo 31 de agosto ao 2 de setembro terá lugar a IV Feira do Libro de Burela, que organiza a Concellería de Cultura. Os horarios de apertura das casetas será de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 22:00 horas polas tardes. Haberá contacontos as tres xornadas, unha caricaturista pintando escenas da feira, presentacións e sorteos de libros ademais dun lote de peixe doado por ABSA. Como novidade este ano terá lugar o primeiro concurso de Relatos al Vuelo. Pola Feira do Libro de Burela pasarán autores como Manel Loureiro, Matías Escalera, Antía Yáñez, Pablo Mosquera, Carlos Nuevo e Alfonso Otero Regal, entre outros.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “los horarios de los tres días van a ser de once de la mañana a dos del mediodía, y de cinco de la tarde a diez de la noche. Inauguraremos el viernes, a las once de la mañana...
leer másA Concellería de Cultura ultima os preparativos da Feira do Libro, que se celebrará na localidade os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro. Na primeira xornada participará o escritor pontevedrés Manel Loureiro, quen a partir das 20:00 horas falará da súa última obra e da súa traxectoria literaria. Tamén o 31 de agosto, pola mañá, celebrarase o 1º Concurso de Relatos al Vuelo. Os participantes deberán escribir unha historia de non máis de 300 palabras nun tempo máximo dunha hora e terá que incluír tres palabras escollidas ao azar. O relato gañador será lido o sábado, despois do pregón que pronunciará Matías Escalera. As persoas interesadas en participar nesta convocatoria poden inscribirse a partires de mañá, 22 de agosto, no seguinte correo electrónico: casadaxuventude@burela.org. Para que o concurso se celebre...
leer másEl Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita (31 de agosto y 1 de septiembre) regresa un verano más volviendo a apostar por un cartel de lujo en su tercera edición, con Palma Futsal, Santiago Futsal y Noia Futsal, junto al Pescados Rubén Burela FS, pero también con el estreno de la competición juvenil. Así se dio a conocer esta mañana en el consistorio burelés, que acogió la presentación del evento con la presencia del alcalde, Alfredo Llano, y el concejal de Deportes, Ramiro Fernández, en compañía del presidente del club naranja, Manuel Blanco, y el vicepresidente, José Luis Sáez, así como de los jugadores Iago Míguez y Renato.
Manuel Blanco animó a la afición a acercarse a Vista Alegre para conocer el nuevo equipo, un equipo repleto de fuerza e ilusión: “Será la presentación de nuestro equipo, de la nueva temporada, con caras conocidas y caras...
leer másO vindeiro domingo, 19 de agosto, ás 22:00 horas, se o tempo o permite, terá lugar na Praza da Mariña unha nova sesión de cine ao aire libre coa proxección de Ferdinand, unha película de profunda mensaxe que foi nominada aos Globos de Ouro como mellor filme de animación e mellor canción orixinal.
A entrada é gratuíta.
Sinopse
Ferdinand é un touro cun gran corazón que vive cos seus amigos. É un animal pacífico ao que lle encanta gozar da natureza sen facer dano a ninguén. Pero un día, todo cambia cando o confunden cunha besta perigosa. Ferdinand é capturado e arrincado do seu fogar para levalo a España, onde o obrigarán a converterse nun touro bravo. Pero ao noso protagonista non lle gusta a violencia e tampouco perseguir as teas vermellas dos toureiros. Así que decide que vai volver coa súa familia. Para iso recruta a un grupo...
A Concellería de Cultura de Burela completa a súa programación para esta semana cunha nova sesión de cine ao aire libre mañá, día 8, ás 22:00 horas na praza da Mariña. Proxectarase a película Spiderman, de regreso a casa.
E o domingo, 12 de agosto, terá lugar o rastrillo popular solidario de 10:00 a 15:00 horas, na praza da Mariña.
Do 10 ao 12 de agosto celebrarase en Burela, no pavillón Monte Castelo, a Feira de Antigüidades e Coleccionismo. Este ano contará con 19 expositores, acadando así un récord de participación, segundo subliña o concelleiro de Cultura, José Díaz. A feira abrirá o venres ás cinco da tarde e o horario para sábado e domingo será de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 17:00 a 22:00 horas pola tarde.
Díaz contou que “es el tercer año consecutivo que la celebramos. Hubo unos años en los que se había perdido, decidimos recuperarla en 2016, y por supuesto darle continuidad”.
Para o edil burelés “es un evento que creo que siempre interesa a todos los niveles, a los visitantes y a la propia gente de nuestro concello. Es evidente el toque cultural y muy atractivo, visitado también por los turistas que hay ahora mismo por toda A...
leer más