Burela
08/06/2016
O Ano Castelao 2016 celebrarase en Burela da man da Área de Cultura da Deputación coa representación de Qué comerá o Rei? a cargo de Cándido Pazó. Será este venres, 10 de xuño, ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre.
Qué comerá o Rei? é un espectáculo de narración oral (contos, monólogos cómicos...), é polo tanto un espectáculo de produción lixeira, un espectáculo para todos os públicos , unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao.Un espectáculo que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista.
08/06/2016
A noria permanecerá en Burela ata o día 26 deste mes de xuño. A iniciativa partiu dos propios responsables da atracción e foi ben acollida polo Concello.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, manifestou que “la propuesta surgió del director de la atracción de la noria instalada en la praza do Concello, que nos dijo al Concello de Burela de seguir unos días más en concreto hasta el 26 de junio, jornada en la que desmontarían la noria para ya trasladarla a la Semana Negra de Gijón”.
O edil socialista subliñou que “nos parece una propuesta buena y positiva para el pueblo, no sólo en cuanto a lo turístico sino que es un incentivo también para el sector...
leer más 07/06/2016
O vindeiro sábado, 11 de xuño, terá lugar na praza da Mariña unha xornada solidaria Por un mundo sen muros “para axudar na situación que está a vivir Siria nestes momentos”, segundo explica a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez.
Ao longo do día haberá diversas actividades como manualidades infantís e confección dun mural a partir das 10:30 horas; xogos infantís, pintacaras… amenizados por Medio Quinhón ás 16:00 horas. A sesión vermú, prevista para as 12:30 horas, estará amenizada por Batuko Tabanka e Rabentola. Por esta xornada tamén pasará o Mago Senín a partir das sete da tarde. Xa ás 20 horas terá lugar unha charla coloquio Refuxiados Sirios, ofrecida polo voluntario Óscar Palleiro e a continuación música...
leer más 07/06/2016
A asociación Pasada das Cabras de Burela e Terras de Lourenzá organizan a sexta etapa do Camiño Norte, que terá lugar este sábado 11 de xuño.
O itinerario de 16 quilómetros cubre o percorrido entre Vilalba e Baamonde. A saída será as oito da mañá da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e de 25 euros para os que non o son, inclúe autobús, comida e seguro. Para participar hai que anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504 antes do xoves día 9 de xuño ás 20:00 horas.
07/06/2016
Os Aventados e a asociación cultural Amigos de Regalxunqueira inauguran a exposición da Primeira Bienal de Artes plásticas O Vento en Burela este mércores, 8 de xuño.
A inauguración desta mostra colectiva terá lugar ás 20:30 h na Casa da Cultura de Burela onde permanecerá ata o 30 de xuño.
Nesta exposición poden verse obras de María Jesús Lage López, Pablo Livio, Celso Dourado, Neira Broch, Xoán Guerreiro, Hipólito Xeada, Antonio Roque Fanego, Mary Boix, Francisco Santos, Otero Regal, Xavier Magalhaes, Juan Queralt, Daniel Caxiguiero, Fabián Reino, David Catá, Juanel Ponte, Juan Puchades e Mateo Guerreiro.
O 8 de xuño estréase en Burela a película "Camiño Norte. Feitizo da Natureza", da Fundación Imdecum.
04/06/2016
A película Camiño Norte. Feitizo da Natureza estrearase en Burela o mércores 8 de xuño.
A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo da Mariña IMDECUM levou a cabo este proxecto de turismo en familia na bisbarra durante o outono do 2015. Nel ofrecía a posibilidade de imbuírse da beleza paisaxística, cultural e artística da comarca en calquera época do ano e a calquera idade.
A proxección terá lugar na Casa da Cultura de Burela ás 20:00 horas.
01/06/2016
A cuarta edición do Campus de Fútbol Base ‘Máis que Fútbol’ de Burela reunirá a todas as xeracións de fútbol da localidade entre o 11 e o 16 de xullo. Así o deron a coñecer esta mañá no complexo deportivo da Marosa, escenario do clínic, Juanma Marrube, coordinador da iniciativa dende a Fundación Imdecum, e o presidente e o vogal da AFD Porto de Burela, Jesús Manuel Ares e Iván Cancio, que estiveron acompañados polos presidentes da SD Burela e SD Burela Veteranos, Alberto Rega e Raúl Rouco, xunto ao concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.
“Os verdadeiros protagonistas serán os nenos/as pero teremos o privilexio de que os tres clubs, de tres xeracións diferentes, poidan participar no campus para compartir sabedoría, experiencias e...
leer más 30/05/2016
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou "con respecto a la instalación de la noria en Burela que ya está terminándose, quedan un par de días, hay muchísima expectación, vemos a muchísima gente que está por aquí en las calles mirando el proceso de instalación de la noria. Y entonces se nos ocurrió en la comisión de fiestas premiar a las mejores fotos. Valen ya desde ahora, fotos de la noria en construcción o ya cuando esté funcionando, dando una vuelta en ella o desde abajo. También se premiará el mejor vídeo de menos de un minuto, la gente irá con los móviles y grabará un vídeo”.
Díaz anunciou que “va a haber un premio que será una tablet para cada categoría, tanto para la mejor foto como para el mejor vídeo. Creo que así...
leer más 25/05/2016
Por tercer año consecutivo, Cangas del Narcea se rendirá al fútbol sala y fútbol de los más pequeños en el mes de julio, entre los días 25 y 30. Así lo dieron a conocer esta mañana en el consistorio el alcalde, José Víctor Rodríguez Fernández, y el presidente de SD Narcea, José Alberto Andreolotti, en la presentación del 3ª Campus mixto de Fútbol Sala y Fútbol Base; el acto también contó con la presencia del concejal de Deportes, Sergio Boto Rodríguez, el encargado municipal de Deportes, José Antonio Menéndez, y el coordinador del campus, el director deportivo del CD Burela FS Pescados Rubén, Juanma Marrube.
El clínic de Cangas del Narcea vuelve a ofrecer una amplia y variada agenda destinada a las categorías entre benjamín y...
leer más 25/05/2016
Este domingo, 29 de maio, celebraranse xogos de campamento Altair nas Festas de Burela. Terán lugar entre as 16:00 e as 19:00 horas na Praza do Concello, con motivo do Dia do Neno.
Están dirixidos a nenos e nenas de entre 7 e 13 anos e a inscrición está aberta ata o venres anterior, día 27 de maio. Os interesad@s poden anotarse na Casa da Xuventude de Burela ou por internet en chaodecastro.wordpress.com. As prazas son limitadas a 20 e as actividades adáptanse ao número de participantes e ao grupo de idade.
Para máis información nos números de teléfono 685 325 153 e 659 737 312; en...
leer más












