Callos

Etiquetas:
04/10/2017

A Asociación Cultural e de Festexos Alto do Cruceiro organiza a Festa do Ramo, que terá lugar os días 6 e 7 de outubro. 

Despois de doce anos sen celebrarse esta festa desenvolverase no campo da festa Onofre Louzao, un recinto inaugurado hai uns tres anos en honra de Onofre Louzao, máximo promotor desta festa falecido hai catro anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social Alto do Cruceiro, preto da estrada nacional Viveiro-Ribadeo. O campo da festa disporá de carpa e haberá aparcamentos na súa contorna.

No programa destaca a celebración da XI Festa dos Callos que terá lugar o venres 6 ás oito da tarde. O prezo da ración será de 5 euros. A partires das once da noite haberá baile amenizado pola orquestra Gran Parada e unha disco móbil.

O sábado 7, ás 13:00 horas...

leer más
Etiquetas:
10/09/2017

A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a fin de semana do 23 e 24 de setembro.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, a de Turismo, Manuela Méndez, e o Presidente da A.C. Virxe das Dolores, Juan José Pardo, presentaron o evento.

A cita comezará o sábado, 23, coa preparación da alfombra floral ás 12:00 horas. A esa mesma hora, dará comezo a IV Festa Popular dos Callos; que se reanudurá pola tarde, dende as 19:00 horas e que estará amenizada por DJ FDB.

Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo das orquestras Alma Latina e Salsarena.

Xa o domingo, 24, haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial e a continuación terá lugar a procesión acompañada da orquestra Alma Latina...

leer más
Etiquetas:
13/01/2017
A III Festa dos Callos da parroquia de Santa Cilla, na que colabora o Concello de Foz, celebrarase o día 28 deste mes.
 
O Concello de Foz colabora na organización da III Festa dos Callos que terá lugar na parroquia de Santa Cilla o día 28 deste mes, sábado.
 
Esta cita gastronómica, organizada pola Asociación Cívico Cultural Santa Cecilia, dará comezo ás 21:30 horas. O menú estará composto de empanada, callos, postre, café, pan e bebida (viño, auga e refrescos). O prezo é de 15 euros por persoa, pero para os nenos e nenas é gratis. A cea estará amenizada por Disco Móvil Coco Loco.
 
As persoas que queiran asistir a esta terceira edición da Festa dos Callos de Santa Cilla, en Foz, poden facer a reserva nos números de teléfono 670.50.91.69 (Pepe) ou 661.70.24.06 (Anxel) antes do mércores 25 de xaneiro.
 
 ...
Etiquetas:
29/09/2016
O 1 de outubro celébrase a Festa do Ramo no alto do Cruceiro, en Xuances (Xove) e o día antes, o 30 de setembro, a Festa dos Callos.
 
Esta festa, que chega á súa undécima edición, está organizada pola asociación cultural e de festexos Alto do Cruceiro. Desde a organización sinalan que "antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no Campo da Festa Onofre Louzao, un recinto inaugurado hai un par de anos en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 3 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos dunha gran carpa. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no...
leer más
Etiquetas:
30/09/2015
Os días 2 e 3 de outubro celébrase a Festa do Ramo no Alto do Cruceiro, en Xuances.
 
Esta festa está organizada pola asociación de festexos Alto do Cruceiro. Os organizadores din: “antes de pasar a outras cousas, dicir que esta Festa a recuperamos nós despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, concretamente no Centro Social, nun espazo cultural inaugurado o paso ano e que está dedicado a un dos promotores desta festa, Onofre Louzao, falecido hai un par de anos. Este espazo está  ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, a uns 150 metros, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, dicir que a Festa vaise celebrar baixo unha carpa, polo que, de todas todas, imos estar a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha...
leer más