Cervo
31/01/2017
O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, organiza un obradoiro de maquillaxe de Entroido que terá lugar o vindeiro domingo 12 de febrero na Casa da Cultura.
A inscrición, de carácter gratuíta, está aberta para todos aqueles veciños de entre 18 e 30 anos que desexen adquirir coñecementos nesta materia.
Os interesados poderán anotarse a través de calquera dos seguintes medios:
- Enviando un WhatsApp ao teléfono 691.65.66.00
- No correo dinamización@concellodecervo.com
... leer más 30/01/2017
O Concello de Cervo celebra un ano máis o Día dos Namorados co V certame de amor na rede. Nesta ocasión, a delegación de Xuventude, convoca o concurso “Un selfie por amor”, no que poderá participar calquera persoa maior de 14 anos.
Neste senso, a concelleira delegada de Xuventude, Dolores García, recorda “que levamos cinco anos consecutivos convocando este certame, co que pretendemos interactuar cos nosos veciños e veciñas a través, tamén, das redes sociais, conscientes de que xa forman parte das nosas vidas”, e este ano –engadiu- “queremos dar un paso máis, e sumarnos á tendencia do selfie, unha modalidade de fotografía recurrente na actualidade”.
...
leer más 10/01/2017
O polideportivo do colexio de Galdín acollerá este sábado, 14 de xaneiro, o campionato Concello de Cervo de nihon tai jitsu, que é unha arte marcial de orixe xaponesa considerada como departamento oficial dentro da Real Federación Española de Karate. Ese evento deportivo foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; e o adestrador nacional Miguel Ángel Rojo.
O edil delegado de Deportes anunciou que “este vindeiro sábado, 14 de xaneiro, a partir das cinco da tarde, no polideportivo do colexio de Galdín, en San Ciprián, terá lugar a celebración do campionato de nihon tai jitsu, pertencente á Federación Galega de Karate, en modalidade de kata e de combate, denominada goshin sobu. Será totalmente gratuíto para todos aqueles que desexen...
leer más 23/12/2016
O pavillón de Cervo acollerá este sábado a partir das cinco da tarde a novena edición da Noiteboa infantil, con diversas actividades e a visita de Papá Noel. Esta iniciativa, que está organizada pola Asociación Cultural Recreativa Fervenza de Sargadelos e o Concello, foi presentada hoxe pola edil de Cultura, Dolores García, e dous representantes do colectivo cultural, Ramiro Chaves y Honorato Fernández.
No programa deste evento inclúese unha actuación de contacontos a cargo de Caxoto Kativo, pintura de caras, chocolatada gratis e inchables, entre outras actividades. Ademais a partir das 20:30 horas haberá dous sorteos, un no Caseto de Copa e o outro na Pousada O Almacén.
21/12/2016
O Concello de Cervo pon en marcha o programa Xuventude no Nadal, que inclúe actividades do 26 ao 30 deste mes. Foi presentado no Instituto de Secundaria Marqués de Sargadelos, de San Ciprián pola concelleira de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, e o de Deportes, José Ramón Soto Martínez.
Dentro desta iniciativa haberá competicións nas que poderán participar equipos formados por un mínimo de 3 persoas e un máximo de 5 compoñentes, de idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos. As probas, que se desenvolverán no pavillón de San Ciprián os días 26, 27 e 28 a partir das 17 horas, serán de volei 3x3, baloncesto 3x3, fútbol 3x3, pádel 2x2, zorb ball, rocódromo, pista americana, circuíto de cars a pedais e A Cervo Oca, con pistas preguntas e probas. Os...
leer más 15/12/2016
A programación de Nadal do municipio de Cervo empeza o día 22 deste mes e remata o 8 de xaneiro. Está organizada polo Concello coa colaboración das asociacións Airiños do Xunco, A Fervenza, Arroutada, Península da Paz e Burgo de Trasbar. Inclúe cine, deporte, música, maxia, teatro e actividades infantís e xuvenís. Foi presentada pola concelleira de Cultura, Dolores García Caramés; o edil de José Ramón Soto Martínez; e representantes de catro dos colectivos colaboradores.
No programa, que comeza o vindeiro xoves, día 22, hai proxeccións de cine; circo co pallaso Peter Punk, que ofrecerá o espectáculo Peor imposible o día 23 no salón de actos de Cervo; actividades infantís e xuvenís; actuacións musicais, como a do trío Talabarte o día 28 na Casa da Cultura, de...
leer más 14/12/2016
A concelleira de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, presentou esta tarde a programación infantil de Nadal organizada polo seu departamento a representantes das asociacións de nais e pais de alumnos dos colexios do municipio e da asociación Pasiño a Pasiño.
Haberá un ciclo de cine infantil na Casa da Cultura, de San Ciprián, con tres proxeccións: o día 22 de decembro, xoves, ofrecerase a película Noche ¿de Paz?; o 2 de xaneiro, luns, O soño dunha noite de San Xoán; e o 4 de xaneiro, mércores, O bosque animado. Todas serán ás oito da tarde.
Tamén se levará a cabo o programa Enredos de Nadal do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro. Para o alumnado de 2º ciclo de...
leer más 02/12/2016
A sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan unha recollida de alimentos e xoguetes na II Canastra Solidaria, evento que se celebrará o día 18 deste mes, domingo. Foi presentado cun acto no que estiveron o alcalde, Alfonso Villares; a concelleira de Cultura, Dolores García; o edil de Deportes, José Ramón Soto; monitoras da sección de baloncesto do CD San Ciprián e o equipo base deste deporte.
José Ramón Soto anunciou hoxe que “a sección de baloncesto do Club Deportivo San Ciprián e o Concello de Cervo organizan, por segundo ano consecutivo e despois do éxito obtido na primeira edición, un acto de recollida de alimentos e xoguetes denominado Canastra Solidaria e que se celebrará o vindeiro 18 de decembro no pavillón da Veiga, de San Ciprián. Para este acto solidario cóntase coa...
leer más 02/12/2016
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Director Deportivo da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Ruben Engroba, o Representante da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Alejandro Alcalde e a Xerente da empresa patrocinadora Ferreiro SuministrosIndustriales, Nadia Álvarez, presentaron no Salón de Actos da Deputación, o 1º Circuíto de Baloncesto Provincial Precadete Masculino. A Deputación colabora na celebración deste proba cunha achega económica de 1.500 euros.
Rivera Capónrecoñeceu a importancia deste tipo de iniciativas “que van encamiñadas a promover o deporte base e á mocidade, xa que son preto 300 xogadores non federados os que poderán participar no torneo, o que supón, ademais, un importante revulsivo económico do que se aproveitarán os cinco...
leer más 01/12/2016
A Delegación de Educación do Concello de Cervo promove a elaboración de beléns de plastilina por parte dos nenos e nenas do municipio. Faranse este sábado, día 3, na Casa da Cultura, en San Ciprián, e o domingo, día 4, na Casa do Concello de Cervo. Nos dous casos esta actividade levarase a cabo ás 12 do mediodía.
A concelleira de Educación, Dolores García Caramés, reuniuse con representantes das asociacións de nais e pais do colexio Cervo Nº 1, de San Ciprián, e do de Cervo, María José García González e Marcial Fernández Bellón, respectivamente, para que colaboren na promoción desta actividade informando ás familias das nenas e nenos sobre a súa celebración para que se animen a participar. Ademais as follas de inscrición para apuntarse nesta iniciativa foron repartidas nos dous centros...
leer más