Cervo
Dentro dos actos programados polo Concello de Cervo con motivo da celebración do Día da Muller terá lugar o sábado, día 10, un monólogo a cargo de Xan Veiga. Será na Casa do Mar a partires das 20:00 horas.
Tamén o sábado, ás 22:00 horas, celebrarase unha cea no Restaurante Buenavista. Posteriormente, na Casa do Mar, haberá baile amenizado polo dúo Epo-K. Hai 110 mulleres anotadas para participar nesta cita na que haberá agasallos sorpresa para todas elas. E tamén se entregarán os trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís.
Organizan e colaboran a asociación de amas de casa Alborada, a asociación de mulleres rurais As Espalladoras, a asociación Mulleres en Igualdade, a asociación Mulleres de San Ciprián e o Concello de Cervo.
A Casa do Mar de San Ciprián está a acoller estes días o campionato de tute e parchís, que organiza o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o 10 de marzo.
Están xogando, en horario de mañá e tarde, 20 parellas, 10 ao parchís e 10 ao tute.
A edil delegada de Muller, Pilar Armada, sinalou que “as gañadoras recibirán os correspondentes trofeos na Cea do Día da Muller, que terá lugar no Restaurante Buenavista, o sábado 10 de marzo, ás 22:00 horas; alí entregaremos unha figura de Sargadelos a cada unha das integrantes, das tres mellores parellas de cada disciplina”.
Armada destacou que hai motísima afección por parte das mulleres de Cervo tanto polo tute como parchís e boa mostra diso son os anos que...
leer másA cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela; o Presidente, David Riera, Abel Ordás, Víctor Riera e Diego Ballesteros, que sinalaron que “a saída está prevista para as 9:30 horas desde a praza do Campos, en San Ciprián, e os participantes realizarán primeiramente un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, Galdín e Gondrás”.
A continuación, os corredores porán rumbo ao Monte Medela. Riera sinalou que “levamos moitos meses traballando intensamente na posta a punto dos camiños, en colaboración tamén co Concello de Cervo, e preparando tramos especiais de enduro, para o día da competición”.
A proba, de dificultade media-alta, será de 35 quilómetros, e 1.400...
leer másO Concello de Cervo acollerá esta fin de semana e por terceiro ano consecutivo, o Campionato Galego de Natación de Inverno nas categorías Júnior e Infantil, que se disputará o 2, 3 e 4 de marzo na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.
Na presentación da proba participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de deportes, José Ramón Soto, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, o xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e o presidente do Club  Natación Xove, Bernardo Rouco.
No campionato, organizado polo Concello de Cervo, en colaboración co CN Xove e a Federación Galega de Natación, participarán 331 nadadores, pertencentes a 25 clubs galegos.
O alcalde, Alfonso Villares, significou a importancia que ten para Cervo “acoller e...
leer másA Casa do Mar de San Ciprián acolleu a presentación do programa do Día Internacional da Muller, que organizan o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e igualdade, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio.
Os actos están programados para o sábado 10 de marzo.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, asistiu á presentación da programación, na que tamén estivo presente a edil responsable do departamento, Pilar Armada; e representantes das diferentes asociacións de mulleres do municipio que colaboran: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.
Armada recordou “que entre todas, conseguimos perfilar e consensuar un programa co que pretendemos chegar a todas as mulleres de Cervo, protagonistas...
leer másO Concello de Cervo celebra un ano máis o Día dos Namorados co VI certame de amor na rede. Nesta ocasión a delegación de Xuventude convoca o concurso “Unha historia por amor”, no que poderá participar calquera persoa maior de 14 anos.
Tal e como puntualizou a edil, Dolores García Caramés, “o tema xenérico deste concurso é o amor, pero o amor en calquera das súas versións, como pode ser a amizade, a familia, a parella, o amor polas nosas mascotas…; ou calquera idea que teñan no maxín os participantes, porque se valorará tanto a orixinalidade como o sentimento, segundo o xurado o interprete en cada traballo”.
Os participantes poderán presentar ou ben unha historia de amor en formato vídeo que non pode exceder os 3 minutos, ou ben unha historia escrita que non supere o espazo dun folio DIN-A4. No caso do apartado...
leer másOriente nunca estivo tan cerca, é o que poden pensar se durante esta fin de semana se achegan ao municipio de Cervo, e é que no pabillón municipal de A Veiga poderán observar numerosos practicantes chegados de tódolos recunchos de España para practicar TaiChi. Non é casualidade, a novidade para este municipio ven da man de Miguel A. Rojo e as súas inquedanzas marciais, que grazas ás súas arduas xestións burocráticas e o seu empeño conseguiu que, por primeira vez, un dos descendentes da linaxe directa da familia Chen e Mestre da Chenjiagou Taijiquan School imparta un curso TaiChi en España, e tampouco é casualidade que sexa na localidade de San Ciprián. A recente creación dunha Escola de Artes Marciais, o campionato de Galicia de TaiJitsu e tódalas actividades que tanto Miguel A. coma os seus alumnos traen ao municipio fan que, pouco a pouco, Cervo sexa recoñecido...
leer másA parroquia de San Román celebrará o Entroido o vindeiro sábado, 17 de febreiro.
A cita, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés; e por Raquel Ferreira, en representación das Espalladoras, e Leandro Río, como Presidente da Asociación de Montes Veciñais de San Román, que tamén colabora no evento.
A Festa será ás 22:30 horas no Pavillón e estará amenizada pola orquestra La Ola ADN.
Repartiranse case 1500 euros en premios para os mellores disfraces, nas categorías infantil individual, parella e grupo; e adultos individual, parella, grupo, comparsa e charanga.
A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 656 272 802...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Educación e Cultura, inclúe no calendario de EntroidounhaFesta Infantil para os máispequenos. Será o luns, 12 de febreiro, ás 17:30 horas, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.
A edil de Cultura, Dolores García, presentou a cita cosnenos que conforman o grupo municipal de teatro PimPim e anunciou que un dos pratosfortes da Festa será o espectáculo La Granja “co que faremos un percorrido musical en directo polos temas máiscoñecidos da discografía infantil en el que se presentará un recorrido musical en directo por los temas más conocidos de la discografía infantil, con cancións como «Susanita tiene un ratón», «Vamos a contar mentiras», «La gallina turuleta», «Los pajaritos», «Mi familia» ou «Veo, veo».
Ese día haberá tamén un pasarrúas a cargo do...
leer más 
        











