Cervo
O Concello de Cervo vén de abrir o prazo de inscrición para as actividades da nova tempada das Escolas Deportivas Municipais que arrincará o vindeiro 2 de outubro.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse ata o CEIP Cervo Nº1 para facerlles entrega aos pequenos dos manuais que conteñen toda a información relativa ás actividades e o impreso para formalizar a inscrición que debe ser entregada na Casa da Cultura,na Casa do Concello ou na Casa do Mar.
Villares e Soto animaron aos nenos a que formen parte un ano máis das Escolas Deportivas que cada ano gañan adeptos “tendo en conta os máis de 200 usuarios, nenos e maiores, que participaron na pasada edición”.
Soto destacou que a oferta das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo, que...
leer másA parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a fin de semana do 23 e 24 de setembro.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, a de Turismo, Manuela Méndez, e o Presidente da A.C. Virxe das Dolores, Juan José Pardo, presentaron o evento.
A cita comezará o sábado, 23, coa preparación da alfombra floral ás 12:00 horas. A esa mesma hora, dará comezo a IV Festa Popular dos Callos; que se reanudurá pola tarde, dende as 19:00 horas e que estará amenizada por DJ FDB.
Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo das orquestras Alma Latina e Salsarena.
Xa o domingo, 24, haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial e a continuación terá lugar a procesión acompañada da orquestra Alma Latina...
leer másUn ano máis o Burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coa súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante dous días: o sábado 16 e o domingo17 de setembro.
Dous días de festa
Os actos comezarán o sábado, ás sete da mañá, coa elaboración da alfombra floral. A misa será ás 13.00h, cantada polo coro de Cervo, a continuación procesión e ao remate, todos os devotos que queiran poden achegarse a poñer a Santa. A sesión vermú que virá de seguido correrá a cargo da orquestra Magos.Xa pola noite, as orquestrasMagoseDúo E-pok serán as encargadas da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde.
O domingo a misa será ás 13.15h, cantada polo coro de Cervo, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo do dúoE-Pok,...
leer másA parroquia de Rúa celebra este sábado, 2 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente alcalde e edil de Medio Rural, Plácido Pérez e varios membros da Asociación de Veciños.
A malla comezará ás 10:00 horas con todo tipo de actividades para todos os públicos: paseos a cabalo, a II ruta de sendeirismo Subida ao Cabaleiro, e xa ao mediodía o Dúo EPO-K será o encargado da sesión vermú.
Pola tarde, dende as 16:00 horas, están programados todo tipo de xogos tradicionais para nenos e maiores; e ás 17:00 horas dará comezo a actividade principal, a malla..
A xornada completarase con exhibición de cetrería ao longo de...
leer másO Concello de Cervo convida a veciños a visitantes a asistir á XXXIX edición da Queimada Popular de Cervo, declarada de Interese Turístico Galego, que se celebrará mañá sábado,19 de agosto, ao longo de toda a xornada.
A cita, organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo, arrincará ás 10:00 horas co XXI Mercado Tradicional. Xa ás 12:00 horas terá lugar o tradicional paseo das Autoridades polo Mercado acompañados do grupo de gaitas Medio Quiñón.
Ás 13:00 horas será o pregón por parte das Autoridades, e o son das gaitas amenizarán toda a tarde.
Os visitantes poderán xantar nos diferentes postos instalados para a ocasión.
Coa chegada da noite, as meigas tomarán Cervo. Ás 23:00 horas está prevista a baixada da comitiva da...
leer másO Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a gozar das festas na honra á Nosa Señora, San Roque e o Carme.
A edil de turismo, Manuela Méndez Álvarez, xunto con membros de Rego Cachón (organizadores), Airiños do Xunco e da Comunidade de Montes (colaboradores. SD Sargadelos non puido estar) presentaron o cartel das festas que dende este luns terán lugar no municipio cervense.
As festas comezarán o luns 14 ás 18:30h ca Inauguración da Exposición de Manualidades. A partir das 20h a XII Festa do Ovo Frito e para rematar o día, verbena co grupo Montreal.
O martes día 15 ás 13h Misa Solemne e Procesión na Honra á Nosa Señora e ó Carmen, con ofrenda florar os mariñeiros. Ás 14:00h Sesión Vermú coa orquesta Ría de Arosa. Ás 19h Festival Folclórico con “Airiños do Xunco” e “Racho Folclórico...
leer másA sala de exposicións da Biblioteca de Cervo acolle a mostra AMAZIGH, mostra de fotografías sobre o Marrocos Bereber, de Clara Lelarge e Jesús Manuel Giz Novo.
Pódese visitar ata o día 13 de agosto, de 9:30 a 13:30 horas, en horario de mañá, e de 16:00 a 18:00 horas, en horario de tarde.
O 14 de agosto, trasladarase á Casa da Cultura de San Ciprián.
En Cervo o encoro de Ríocobo acollerá o 5 de agosto a 4ª Regata da 7ª Copa Deputación de Piragüismo.
O Encoro de Ríocobo acollerá este sábado, 5 de agosto, a cuarta regata da sétima Copa Deputación de piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
O alcalde, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron hoxe a proba, acompañados do responsable da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián, Javier García, e dunha representación dos participantes do Club local que competirán na regata.
Villares destacou que dende o Concello de Cervo “traballamos por promover a actividade deportiva no seu conxunto; apostando por todo tipo de disciplinas deportivas, dende os deportes de masas, ata aqueles que se poden considerar non tan maioritarios e que queremos achegar sobre todo ás novas xeracións”.
En total estímase que...
leer másO Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos repite como escenario de excepción deste encontro multidisciplinar no que haberá actividades dirixidas a todos os públicos que poderán entrar de balde ao recinto.
O evento comezará o venres 28 de agosto, ás 19:00 horas, e prolongarase ata o domingo 30 de xullo, ás 15:00 horas; con música e actividades practicamente sen descanso.
Haberá dous escenarios, o principal bautizado como Trance Stage; e o alternativo Delos.
Como cabeza de cartel do escenario principal destaca Yar Zaa (maharetta records), o músico de psy trance máis influente de España e reclamado nos festivais internacionais máis importantes deste estilo musical. Ademais, tamén destaca David FractalMoon, emerxente figura ibicenca que xa estivo en Gadélica na pasada edición; ou Shine,...
leer más












