Concerto
O domingo, 18 de xullo, de 17:00 a 20:00 horas todas as nenas e nenos que queiran poderán disfrutar dunha tarde única no Castelo de Castro de Ouro. Terán paseos a cabalo, xogos tradicionais e un obradoiro creativo con Cabaliño de Pao. Non é necesaria inscrición previa. Cumprirase o Protocolo COVID. Máis información no Concello de Alfoz, tfno. 982 558 001 (ext.2). A actividade está subvencinonada polo Plan Único da Deputación de Lugo, Área de Turismo.
Esta fin de semana haberá música tamén en Alfoz. O Castelo de Castro de Ouro e o seu entorno iluminado na noite e a música tradicional de Tundal son a combinación perfecta para desfrutar o sábado, 17 de xullo, ás 22:00 horas. Non é necesaria reserva previa.
Desde o Concello de Alfoz lembran que mañá inaugúrase a Exposición de traxes medievais. Do 13 ao 25 de xullo,...
leer másEste xoves, 3 de xuño, ás 19:30 horas, na Escola Municipal de Música de Burela, celebrarase unha audición da Aula de Cordas Fretadas.
O repertorio incluirá pezas interpretadas ao violín, viola, violonchelo e contrabaixo.
O aforo será limitado, seguindo as recomendacións sanitarias do protocolo covid.
Mañá, 25 de maio, ás 19:30 horas o alumnado da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto de frauta, canto e piano no recinto exterior da escola, sita na Rúa do Cancelo nº 33.
O Concello de Viveiro organiza, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música do municipio, o concerto matinal da Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello, o vindeiro 29 de maio. A cita terá lugar a partir das 12:30 no Salón do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro e continuará ás 13:30 no Salón Multiusos do Concello.
O concerto ofrecerá pequenas intervencións de diferentes violonchelistas e outros instrumentistas que demostran a versatilidade do violonchelo como instrumento só e en conxunto. Os intérpretes tocarán a música de compositores como J.S. Bach, W.A. Mozart ou A. Piazzolla. Ademais, parte do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro participará na actuación.
A Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello promove dende a súa fundación en 2011 actividades...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas este sábado, día 15, no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz. Será a súa primeira actuación neste ano.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “despois dunha tempada sen actuacións da Banda Municipal de Música de Ribadeo pois desde o Nadal non puidemos levar a cabo ningún concerto xa que o seguinte que tíñamos previsto era o de Semana Santa pero polas restricións que había nese momento non se puido facer, agora si volve ofrecer o seu concerto das Letras Galegas, que neste caso vai dentro do programa de Letras no Campo, organizado polo Concello de Ribadeo, e será este sábado, día 15, ás oito da tarde no campo de herba artificial do colexio Gregorio Sanz”.
David Ballester agradece a...
leer másO cantautor Javier Álvarez ofrecerá un concerto este xoves, 6 de maio, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo. A actuación enmárcase no ciclo Outras Músicas, organizado polo Concello ribadense. O prezo da entrada é de 3 euros.
O músico madrileño presentaba en 2018 o seu disco titulado 10, que significaba o seu regreso ao ambiente discográfico, coincidindo co décimo traballo da súa carreira de máis de tres décadas, cando a mediados dos 90 se daba a coñecer cos seus primeiros éxitos con cancións como La edad del porvenir.
Ten intervido en múltiples colaboracións cos artistas máis recoñecidos a nivel nacional e internacional, e numerosas versións de temas clásicos. Ademais segue a ser fiel á súa busca incansable de fórmulas innovadoras alleas ás habituais do mercado musical e tamén escolle os escenarios nos que ofrece...
leer másO 15 de maio ás 20:00 horas a gaiteira Susana Seivane ofrecerá no Auditorio Municipal de Burela un concerto para presentar "Dende o meu balcón", o seu 6° disco que supón o retorno ao substrato ancestral sobre o que construíu a súa carreira e que ten como fío condutor a riqueza do patrimonio musical galego e a posta en valor dos novos talentos que compoñen en base á tradición.
Esta volta á orixe xurde a partires dun proceso onde a nosa identidade artellou unha catarse colectiva para miles de persoas no mundo a través da interpretación de Susana Seivane dos temas recollidos no disco durante cada noite do confinamento. Inconscientemente a procura dos acervos serviu de catalizador da resistencia e precisamente o descubrimento desta condición foi o que a levou a compilar os temas interpretados neste novo traballo discográfico. O repertorio de...
leer másA Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá un concerto sacro este Venres Santo na Igrexa Parroquial ás 19:30 horas. Tamén cantarán nos oficios do Xoves Santo.
A programación cultural do mes de marzo remata hoxe, 30 de marzo, coa actuación de Fátima Fernández que presentará Os contos pop up, dentro do programa APEGO. A representación terá lugar no parque de San Francisco ás 17:30 horas.
Esta semana en O Vicedo haberá música e humor. O Grupo Píscore presenta o "Concerto Singular", que tivo que ser aprazado hai 15 días. Finalmente será este sábado, 9 de xaneiro, ás 18:30 horas na Casa da Cultura.
Debido ás normas sanitarias establecidas pola Xunta de Galicia o aforo está limitado a 60 persoas.
O Concello de Lourenzá organiza un concerto de Nadal coa Banda de Música de Foz na parroquia de Santo Tomé, dentro do Programa de Dinamización das Parroquias. Será este domingo, 3 de xaneiro, ás 12:30 horas no Pavillón Polideportivo.