Contacontos

Etiquetas:
02/03/2015
Nova sesión de contacontos en Librería Bahía, de Foz, este xoves, 5 de marzo. A actividade é de balde e as prazas son limitadas. É necesario inscribirse.
 
Este xoves, 5 de marzo, ás seis da tarde terá lugar unha sesión de contacontos en Librería Bahía, de Foz. O libro "O Rabaño" de Margarita del Mazo, ilustrado por Guridi será o protagonista.
As ovellas teñen moi claro o seu papel ata que unha delas… Onde está número 4? Trátase dunha actividade de balde. As plazas son limitadas. Para inscribirse é preciso chamar a Librería Bahía ao seguinte número de teléfono 982 140434.
 
13/11/2014
O espectáculo infantil Contos de medo que deixan durmir, chega este sábado a Burela da man da compañía teatral A Trastenda dos Contos.

 

O Concello de Burela continua coa súa programación cultural para este outono 2014 e presenta este sábado, 15 de novembro, a obra Contos de medo que deixan durmir, á cargo da compañía A Trastenda dos Contos con Caxoto Contacontos. O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, dará comezo ás 17:30 horas horas na Casa da Cultura de Burela. 

 

 

O espectáculo Contos de medo que deixan durmir é unha historia que aborda coma tema principal o medo na infancia. Para logralo, sérvese de historias que contan os propios nenos para aprender a rirse do medo e lograr converter este...

leer más