Foz
Teatro, música, a visita de Papá Noel e a cabalgata dos Reis Magos protagonizan a programación de Nadal do Concello de Foz. Foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto, e o concelleiro de Cultura, Héctor Moris.
O edil de Cultura anuncia que “un ano máis o Nadal chegou a Foz. Tralo acendido do alumeado navideño dan comezo unhas xornadas de intensa actividade. Empezamos este venres, día 20, ás 19:00 horas na emblemática Sala Bahía co Festival de Nadal da nosa marabillosa Escola de Música. Continuamos o sábado co teatro infantil da man de Ghazafhellos coa obra Nana para un soldado, ás 18:30 horas tamén na Sala Bahía; ese mesmo día na igrexa de Foz poderemos escoitar un concerto excepcional a cargo do grupo vocal ArsPholifónica. O domingo 22 ás 12:00 na Sala Bahía terá lugar o acto homenaxe aos 40 anos de corporacións democráticas municipais. Xa...
leer másA Casa da Cultura de Foz acolle unha charla sobre consumo este venres, día 20, ás 17:30 horas. O título desta actividade é Este Nadal menos é máis. Por un consumo responsable.
A concelleira Verónica Peña explicou que o obxectivo da charla, que dará unha técnica de Consumo da Xunta de Galicia, é “saber os dereitos que temos os consumidores, as garantías e as vías de reclamacións que hai cando un produto non sae como esperamos”.
O concelleira focense anima aos veciños a “avanzar nunha senda sostible, tamén en materia de consumo, e para elo existen formas de actuar como mercar no comercio local ou actuar de forma reflexiva á hora de comprar, optando por una opción sostible sempre que sexa posible”.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o Belén de Cumes, que se celebrará en A Frouxeira o 21 de decembro.
A saída será ás 16:00 horas do Concello de Foz.
Para asistir é preciso anotarse, antes do 19 de decembro, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017. A actividade é gratuíta e está incluído o seguro de accidentes.
A organización suxire aos participantes que leven as súas figuriñas para que o belén teña maiores dimensións.
O Concello de Foz colabora na organización deste evento.
O Centro Comercial Aberto de Foz organiza o I Concurso de Decoración Nadal no Fogar. Na cita poderá participar calquera persoa que o desexe enviando foto do seu recuncho de Nadal.
Segundo explican desde o CCA “para decorar os fogares poderanse empregar todo tipo de materiais e detalles. E algún deles tería que se adquirido nos establecementos asociados a Acia/CCA. As persoas que se inscriban para participar neste concurso deberán detallar en qué tenda fixeron esas compras decorativas”.
As persoas interesadas en participar no I Concurso de Decoración Nadal no Fogar teñen ata as dúas da tarde do vindeiro 18 de decembro para inscribirse no seguinte correo electrónico: aciafoz@gmail.com
O 20 de decembro publicaranse todas as imaxes recibidas no...
leer másManuel Eiras, presidente do Club Atletismo Ría de Foz, Gema Méndez Leivas, concelleira de Xuventude e Deportes, e Francisco Cajoto, alcalde de Foz presentaron a cuarta edición da Run Foz Nadal, que se celebrará o domingo, 22 de decembro.
Trátase dunha carreira para nenos/as e maiores con percorridos adaptados a todas as idades. As diferentes carreiras comezarán ás 16:30 horas coa categoría de pícaros e un circuíto de 150 metros, posteriormente serán os benxamíns con circuíto de 600m, 1000m para alevíns, 1500m para infantís e cadetes e, finalmente, 5000m para a competición absoluta.
A saída e chegada será na Praza Rosalía de Castro, no Campo da Cabana. A inscrición xa está aberta en: sportmaniacs.com
Librería Bahía de Foz organiza o domingo, 15 de decembro, unha xornada de xogos de mesa con Brazolinda a partir das 12:00 horas.
Trátase de xogos de creación propia, en galego e artesanais que, ademais do seu carácter educativo, axudan a desenvolver habilidades tanto intelectuais como sociais e que están pensados para xogar en familia.
O obxectivo é contribuír a que a xente coñeza outras alternativas que non chegarán a eles a través da publicidade nos seus diversos medios e que aportan moitas veces valores moi interesantes.
O Centro Comercial Aberto de Foz comeza o Nadal repartindo nas rúas mañá, mércores, 1.500 moedas dun euro de desconto, que os clientes poderán utilizar nas compras que realicen nos 40 negocios que participan nesta campaña.
O presidente de ACIA/CCA, José Carlos Paleo, explica que “esta campaña vai estar na rúa desde decembro ata agosto do vindeiro ano. Agardamos superar os 50.000 euros en descontos ao longo deste tempo, grazas á rotación das moedas e ao efecto multiplicador que as tendas ofertarán sobre produtos concretos”.
Paleo sinala que “os comerciantes farán que a campaña teña unha parte de fidelización, agradecemento e atención ao cliente con importantes descontos”. E subliña que “esta moeda que mañá estará na rúa poderá utilizarse igual que a de curso legal, é dicir terá o mesmo valor nas compras. Trátase...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro o 8 de decembro, polo cabo de Busto, en Asturias.
A saída será o domingo, 8 de decembro, ás 8:30 horas de Ferreira, e ás 8:50 h. de Foz, diante de Cenor.
O último día para anotarse é o vindeiro mércores, 4 de decembro, e as persoas interesadas poden facelo nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. O prezo é 25 euros para os socios federados, 29€ para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais. Está incluído o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
O vindeiro luns, 25 de novembro, terá lugar ás 13:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura unha Xornada sobre Dixitalización e Transformación Dixital, na que se abordarán cuestións como a dixitalización, ferramentas dixitais, e-tícket, sistema integral de xestión Sicomercio, etc., e outros temas que resulten do interese dos comerciantes neste ámbito.
Desde a directiva de ACIA/CCA de foz “consideramos que vai ser una charla moi interesante é importante porque o tícket electrónico acabará sendo obrigatorio”.
A Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, permite aos comercios e aos seus clientes substituír o tícket tradicional impreso en papel por un sistema dixital, moderno, eficaz e fiable. Para os clientes/comercios, supón coñecer o estado e garantía das súas compras/vendas, evitando os inconvenientes do tícket...
leer másOs actos contra as violencias organizados polo Concello de Foz serán este domingo, día 24, e o luns 25. Anunciouno hoxe, xoves, a concelleira de Muller e Igualdade, Verónica Peña.
A edil explica: “desde o Concello de Foz estamos moi involucrados contra as violencias e por iso con motivo do 25N vamos facer varios actos. Empezaremos o domingo 24 cunha obra de teatro de marionetas familiar, coa compañía Trécola que representará Xogo revolto. O luns 25 no IES de Foz haberá unha charla informativa sobre agresións sexuais e violencia sexual para os alumnos e alumnas de 4º da ESO. Tamén este luns faremos as oito da tarde diante da Casa do Concello a entrega de camisetas cos logos En negro contra as violencias. E os participantes poderán escribir mensaxes nunhas cartolinas negras que temos preparadas e despois leranse, para que todos poidan oílas...
leer más