Foz
O grupo teatral O Centiño, de San Martiñon, presentará a súa última obra El Guindilla, na parroquia focense de Marzán este sábado, 18 de xaneiro.
A representación terá lugar no local social do Pradovello, onde ten a súa sé a asociación cultural O Torques, e dará comezo ás 20:00 horas.
O vindeiro domingo, 12 de xaneiro, o grupo Son’s Varadero realizará un concerto especial na residencia de maiores de Foz.
Será a partir das 18:00 horas e está dedicado aos maiores e ás súas familias, aínda que será aberto a todo o público.
Neste emotivo evento colabora o Concello de Foz.
Foz celebrará a 17ª edición da Festa do Berberecho os días 18 e 19 deste mes, sábado e domingo, e será pregoada pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez. Este evento gastronómico foi presentado hoxe, xoves, polo alcalde focense, Fran Cajoto; o concelleiro de Cultura, Héctor Moris; e o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo.
O rexedor municipal destacou que “é a primeira festa do ano e o evento gastronómico por excelencia en Foz, na que poñemos en valor o berberecho, aínda que xa non hai tanto na nosa ría e temos que traelo de fóra. Pero é un produto que sempre está nosa mente este marisco que en Foz lle chamamos o chícaro. O 18 deste mes, sábado, iniciarase a festa, que este ano está dedicada á cidade de Lugo e contamos coa honra de ter aquí á súa alcaldesa, Lara Méndez, para que nos dedique...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza a primeira ruta de 2020. Será o domingo, 19 de xaneiro, á Fervenza do río Belelle, en Neda-Ferrol.
A saída será ás 7:30 horas diante de Cenor, en Foz, e ás 7:50 horas desde Ferreira.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 15 de xaneiro nos seguintes números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os prezos son: 25 euros para os socios federados, 29 para os socios non federados e 33 euros para os socios temporais (inclúe o xantar).
Recoméndase levar equipo de sendeirismo. A ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
Dende hoxe e ata principios do mes de febreiro pode visitarse na basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz) a exposición conmemorativa dos 800 anos do comezo do pontificado do Bispo Don Martín I (1219-1248) na catedral de Mondoñedo, mostra que de modo itinerante estase a expoñer na diocese mindoniense. Tralo seu paso pola propia catedral de Mondoñedo, Ferrol e Bretoña, achegase ó lugar que veu o nacemento da sede, alá polo ano 867 e na que estivo o primeiro terzo do século XII. Para inaugurar esta exposición a basílica recibiu este mediodía a visita do alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e dos concelleiros de Turismo e de Cultura, José María Linares e Héctor Moris.
Francisco Cajoto destaca “a importancia de San Martiño de Mondoñedo dentro desta exposición, xa que é o primeiro asentamento da diocese a súa orixe, onde bispos da relevancia de...
leer másA asociación A Pomba do Arco organiza a presentación do libro de Natalia Ramos Alonso,
A síndrome de Hayworth. O acto terá lugar o día 17 de xaneiro ás 20:30 horas na Librería Bahía de Foz.
Esta obra da escritora focega recibiu o Premio de Poesía O Facho 2019, convocado pola asociación coruñesa do mesmo nome.
A Síndrome de Hayworth é o primeiro poemario da escritora nacida en Vilaronte.
Un xurado profesional elixiu como os mellores escaparates do Nadal, que acaba de rematar, os de Viajes Rodríguez e Electricidad Núñez.
E no facebook houbo empate a 299 votos. Dous negocios reuniron o mesmo número de me gustas. Foron: Chuvia e Vas’s Outlet.
O Concurso de Escaparates desenvolveuse do 16 de decembro ao 6 de xaneiro. O CCA estableceu varios premios, consistentes en diplomas e obsequios. Uns para os escaparates que recibiron máis apoios en facebook e outros para os elixidos polo xurado profesional que avaliou as diferentes decoracións presentadas ao certame.
E a imaxe gañadora do Concurso de Nadal no Fogar foi a publicada nas redes como Navidad 1. Desde o CCA lembraron que “para decorar os fogares os participantes puideron empregar todo tipo de materiais e detalles. Pero...
leer másO Centro Comercial Aberto de Foz organiza unha nova edición do Campañazo, que se desenvolverá os venres 10, 17, 24 e 31 deste mes de xaneiro. Hai 2.400 euros en premios, que son vales de compra, e participan 40 establecementos focenses.
Os sorteos realizaranse a partir das 23:00 horas a través de Radio Foz (107.4 FM) en directo. Para participar hai que seguilos desde algún dos locais hostaleiros participantes e desde alí chamar a Radio Foz para cantar o premio. Desde o CCA lembran que “a primeira persoa que cante premio recibirá 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos que participan nesta campaña e entre o resto de participantes con cartóns premiados repartiranse outros 300 euros en vales”.
Os establecementos comerciais participantes neste Campañazo do CCA focense son Alain Afflelou Óptico,...
leer másO martes 31 ás 12:00 horas, na avenida da Mariña, o Grupo de Jazz da Escola de Música de Foz ofrecerá un concerto de panxoliñas.
O xoves, 2 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Sala Bahía, a compañía Cayetano Lledó presentará o espectáculo de teatro e maxia para todos os públicos, Sherlock Holmes. O prezo da entrada será de 1´5 euros para os nen@s e 2´5€ para os adultos.
O venres, 3 de xaneiro, no colexio Martínez Otero, haberá unha gala de patinaxe.
O domingo, 5 de xaneiro, ás 18:30 horas, comezará a Cabalgata de Reis que sairá da praia da Rapadoira e percorrerá as rúas da vila para rematar no belén vivinte do Concello. Os Reis recibirán aos nenos e nenas na Sala Bahía, onde haberá inchables, chocolate con churros e roscón de Reis.
Para poder facer o percorrido cos...
leer másAcia Foz segue coa súa promoción do municipio a nivel nacional. A revista Hola Viajes 2020, 52 rutas por la España más bella y desconocida ofrece unha interesante reportaxe sobre a Basílica de San Martiño. O xornalista, escritor, arquitecto e viaxeiro incansable Enrique Domínguez Uceta escribe sobre Una Catedral y un sinfín de leyendas. Ría de Foz-Lugo, tras o seu paso pola Basílica, por Foz e por outros enclaves da Mariña nos últimos meses.
Domínguez Uceta escribe que “San Martiño de Mondoñedo, la catedral más antigua de España, es un bello templo románico situado en un paisaje único, junto a la ría de Foz y la costa Cantábrica. El entorno es rico en playas salvajes y en historias medievales, que hablan de celtas, suevos y bretones, que habitaron los mismos bosques mágicos y pueblos costeros que hoy vemos en esta maravillosa comarca del...
leer más