Inscrición
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou que “ata o 26 de decembro está aberto o prazo de inscrición na trixésimo terceira edición da San Silvestre de Ribadeo. Ata o día de hoxe contamos con 408 corredores inscritos nas diferentes categorías establecidas”.
O edil ribadense anima a participar nesta tradicional cita: “queremos animar desde a Concellería de Deportes a todas aquelas persoas que queiran despedir o ano correndo a nosa San Silvestre a que se anoten, porque aínda teñen uns días para poder facelo a través de championchipnorte.com”.
Silvent engadiu: “queremos lembrar que haberá premios en metálico e tamén trofeos para as gañadores e gañadores. E tamén agradecer, unha vez máis, a colaboración de Eroski e Gadis, que están apoiando ás corredoras e corredores xunto ao Concello de Ribadeo...
leer másDesde hoxe e ata o 26 de decembro estará aberta a inscrición para participar na XXXIII San Silvestre de Ribadeo, que foi presentada polo alcalde, Dani Vega, polo concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e polo técnico de Deportes, Iván Rodríguez.
O edil ribadense contou que “hoxe, 22 de novembro, ábrense as inscricións para participar na trixésimo terceira San Silvestre, que terá lugar en Ribadeo o último día do ano. As persoas que queiran participar poden anotarse ata o 26 de decembro en www.championchipnorte.com”.
Silvent explicou que “a saída da mini San Silvestre, para nenas e nenos menores de 4 anos, terá lugar ás cinco menos vinte da tarde; a saída para os pícaros de 4 a 7 anos será ás cinco menos cuarto. A milla para rapazas e rapaces de 8 a 11 anos...
leer másO Concello de Cervo vén de abrir o prazo de inscrición para a nova temporada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación.
Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, ioga e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.
Tamén se abre o prazo para os cursos de natación da temporada 2023-2024 tanto para nenos/as como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación da persoa usuaria e tamén se impartirán clases de Aquagym. Os cursos son de aforo limitado e o...
leer másAta o 29 de setembro vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2023-2024 na Escola Municipal de Música de Xove. Todos os alumnos/as que queiran preinscribirse deberán presentar o impreso cuberto no Rexistro Municipal en horario normal de oficinas (de 8:00 a 14:00 horas) para formalizar a súa preinscrición ou tamén enviando o impreso cuberto ao correo electrónico carolina@xove.es. O impreso de preinscripción o poden recoller nas oficinas do Concello o na web do Concello www.xove.es.
Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.023/2.024. O pago da matrícula farase mediante o Acordo Regulador do prezo público: “O pago da...
leer másDesde o vindeiro 1 de xullo e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2023/2024 para novo alumnado. Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.
No caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda.
O Concello de Cervo programa unha nova edición de “Cervo Concilia”, unha iniciativa municipal máis que consolidada –que na pasada edición reuniu a máis de 150 crianzas- que pretende ser “esa ferramenta de axuda á conciliación das familias, en épocas nas que pode resultar máis difícil como é o verán”.
O programa está dirixido ás crianzas do municipio de entre 3 e 12 anos e desenvolverase desde o 22 de xuño ata o 8 de setembro “cubrindo á totalidade o período das vacacións escolares, para beneficiar ao máximo ás familias e axudarlles na difícil tarefa de conciliar”, tal e como precisou o rexedor en funcións, Alfonso Villares.
Pola súa banda a edil de Educación en funcións, Dolores García Caramés, que coordina o programa, apuntou que o prazo de inscrición poderase formalizar ata o 19 de xuño na Casa do Concello o una Casa da Cultura....
leer másO Concello de Viveiro informa que o luns, 5 de xuño, ábrese o prazo para inscribirse no Programa Corresponsables Campamento Urbano de Verán 2023, que se desenvolverá dende o 3 de xullo ao 31 de agosto de 2023.
As bases de selección e o modelo de solicitude estarán publicadas no taboleiro de anuncios dixital e na paxina web do concello.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 14 de xuño, sendo preferible facelo pola sede electrónica, aínda que tamén poderán presentarse presencialmente no Rexistro do Concello, onde se facilitarán os modelos de solicitude.
O campamento de verán está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2019, ambos incluídos, e realizarase no pavillón do CEP Lois Tobío, de luns a venres, en horario de 8,30 a 14,15, con entrada flexible ata as 10,00...
leer másO Concello de Foz e a asociación O Noso Foz acaban de publicar as bases que rexerán o desfile de Entroido Foz, que se celebrará o próximo 18 de febreiro.
Estas bases que están a dispor de todos aqueles que queiran saír a desfilar nas redes sociais do Concello nos taboleiros de anuncios e na delegación de cultura, explican o funcionamento para poder participar. Todos aqueles que queiran entrar no concurso deberán entregar cuberta a solicitude coa documentación correspondente dependendo da categoría de inscrición. Poderá solicitarse e entregarse no mail cultura@concellodefoz.es e no teléfono 982.140.027 extensión 3.
Os participantes que se inscriban antes do luns 13 pola tarde participarán no sorteo de postos que se realizará no concello ás 20 horas. Os que se inscriban...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse está aberto dende este luns 16; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o venres 20 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o luns 23 de xaneiro na cafetería da Casa do Mar e prolongaranse ata principios do mes de marzo.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.
Dende o Concello de Cervo convidan a todas as veciñas interesadas na competición a acudir...
leer más












