Local

Etiquetas:
15/03/2019

No Concello presentouse este mediodía a moeda local, Pancha de Ribadeo. No acto participaron representantes municipais, de Acisa e de ABanca. Trátase dunha campaña que se desenvolverá do 5 de abril ao 5 de maio nos comercios adheridos á mesma. Cada cliente poderá cambiar, na oficina de ABanca en Ribadeo, 30 euros por 30 panchas para gastar no comercio local e a maiores recibirá 10 panchas máis como agasallo. O valor das 40 panchas é de 40 euros. 

No acto estiveron presentes o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez, o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, o director de zona de ABanca en A Mariña, Carlos Teijeiro, e o director da oficina de Ribadeo, Ángel Luis Macía, ademais das técnicas que encargarán de coordinar todo o dispositivo.  

Todos os...

leer más
Etiquetas:
23/01/2019

A alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, presentaron as III Xornadas de Historia Local de Lourenzá, que se celebrarán os días 15 e 16 de febreiro.

Os responsables municipais anunciaron que “o venres 15 ás 19:00 horas proxectarase o documental Os días afogados, que foi Premio Mestre Mateo 2016. E rematará a primeira xornada coa conferencia Historia, mito e lenda do Conde Santo Osorio Gutiérrez, a cargo do historiador Carlos Andrés González Paz, que é doutor en Historia Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela e desenvolve o seu labor investigador no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento”.

Tamén deron a coñecer que “o sábado 16 ás 19:30 horas será o laurentino Manuel Román Ramos o encargado da conferencia, que tratará sobre O Catastro da Ensenada no concello de Lourenzá...

leer más
Etiquetas:
15/11/2018

Ollo así se denomina a campaña de concienciación que a Federación de Comercio A Mariña levará a cabo na xornada de mañá, venres. Os establecementos asociados apagarán as luces dos seus negocios e escaparates entre as oito da tarde e as doce da noite para sensibilizar á poboación sobre a importancia que o comercio local ten para as vilas mariñáns. A campaña foi presentada este mediodía no Cenima, en Foz. Alí interviñeron o presidente da FCAM, José Carlos Paleo, o alcalde focense, Javier Castiñeira, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, o responsable da Área de Relacións Institucionais da Deputación de Lugo, Álvaro Santos, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. 

José Carlos Paleo, o presidente da FCAM, dixo: “queremos, dadas as circunstancias que está vivindo o pequeno comercio, facer...

leer más
Etiquetas:
11/11/2018

Desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro explican: "trátase da terceira parte da campaña que comezou no mes de marzo e que levaba por título “30 días 30 motivos”. A primeira parte consistiu en publicar unha serie de carteis nas redes sociais, destacando as ventaxas de mercar no pequeno comercio. Cada día publicabase un motivo distinto, así ata completar os 30 días, e no último cartel plantexábase a pregunta “¿qué pasaría se deixásemos morrer o comercio da vila?". 

E engaden que "na segunda parte da campaña ofrecemos a resposta a esa pregunta: peche de negocios, pérdida de emprego, rúas escuras, vacías e sen vida... o xoves 31 de maio os escaparates dos negocios asociados ó Centro Comercial amencian empapelados como se pechasen, simulando un pobo sen comercio, servizos, nin hostalaría. Unha acción que causou gran impacto visual e que...

leer más
Etiquetas:
04/11/2018

A Casa da Penela, en Mondoñedo, acollerá a celebración dunha xornada sobre historia local que se celebrará o vindeiro sábado, 10 de novembro.

As actividades comezarán ás 12:00 horas cunha palestra do investigador mindoniense Xe Freire titulada "De república a república. Mondoñedo entre dous séculos", na que fará un percorrido pola vida da cidade no período que transcorre desde as décadas finais do século XIX ata as primeiras dúas décadas do século XX.

A segunda das palestras, que comezará ás 13:00 horas, correrá a cargo do investigador e crítico literario Armando Requeixo e levará por título "Letras e república na Galiza mindoniense". Xirará arredor do grupo de persoas que puxeron en marcha, durante o período republicano, a revista Galiza, publicación ligada ao núcleo galeguista da cidade e do que formaban parte...

leer más
Etiquetas:
26/07/2018

Ribadeo acollerá na mañá do domingo, 29 de xullo, un día dedicado ao produto local dentro do Mercado dos Domingos. A actividade está organizada polo Concello de Ribadeo e a Asociación de produtores e produtoras da Horta de Ribadeo A Sucadoira en colaboración coa Aula de Produtos Lácteos de Lugo da USC e o CFEA Pedro Murias. 

A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, sinala que “celebramos este día do produto local no Mercado dos Domingos  porque entendemos que é o mellor lugar para comezar a valorar o produto local, por ser o mercado de produtores e produtoras locais onde se achegan directamente os produtos ao consumidor, das persoas produtoras á mesa, poñendo en valor a economía máis próxima e potenciando o consumo de temporada e responsable”. 

Durante a mañá do vindeiro domingo, día 29, no Mercado...

leer más
Etiquetas:
01/03/2018

El Centro Comercial Histórico de Viveiro pone en marcha a lo largo del mes de marzo la campaña 30 días, 30 motivos. “Con esta campaña, queremos crear concienciación por parte de los clientes de la importancia de comprar en el comercio local. Cada día se publicará en las redes sociales de la asociación un post con un motivo, ventaja o beneficio de la compra en el comercio de proximidad”, señalan desde el CCHV. 

Y añaden que “desde el CCHV llevamos años apoyando al comercio, hostelería y empresas locales. Creemos que es el motor que hace que nuestra ciudad esté llena de vida. No hay que olvidar que los comercios locales son los que sustentan gran parte de nuestra economía, y generan empleo y riqueza. Además, comprar en un pequeño comercio ofrece, en muchos casos, una serie de ventajas impensables en unas grandes superficies, desde comodidad...

leer más
Etiquetas:
30/07/2017

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza as XXII Xornadas de Historia Local de Foz, que terán lugar do 31 de xullo ao 3 de agosto, na Casa da Cultura Poeta Manuel María ás 20:30 horas.

O programa comezará o luns, 31 de xullo, coa proxección do documental Riquezas lucenses e a conferencia titulada A salgazón e a conserva no Cantábrico galego, que ofrecerá Xosé María Leal Bóveda.

O martes, día 1 de agosto, intervirá Ramón Eiras Fernández con Así falan os focegos. O mércores 2, Xosé Ramón Veiga Alonso abordará o tema Mariñáns nas Cortes do século XIX.

As xornadas rematarán o xoves, día 3 de agosto, coa conferencia que ofrecerá André Pena Graña sobre Os bretóns no norte galego.